A Bienal de Arte de Pontevedra reflexiona sobre a emigración na historia contemporánea de Galicia e América do Sur

A arte da migración

31/7/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A emigración como parte fundamental da historia contemporánea de América Latina e Galicia. Ese é o eixo de Off/Fóra, a Bienal de Arte Contemporánea de Pontevedra, que se pode visitar na cidade ao longo de todo o verán e que reúne importantes artistas dos países do Cono Sur de América e Galicia. Namentres, ofrecémosche un primeiro paseo fotográfico polas obras da mostra da man de Natalia Poncela, redactora xefe da revista ArtNotes e Xosé Manuel Lens, crítico de arte en culturagalega.org na galería.

Unha conversa sobre a mostra
1/12
Unha conversa sobre a mostra
2/12
Unha conversa sobre a mostra
3/12
Unha conversa sobre a mostra
4/12
Unha conversa sobre a mostra
5/12
Unha conversa sobre a mostra
6/12
Unha conversa sobre a mostra
7/12
Unha conversa sobre a mostra
8/12
Unha conversa sobre a mostra
9/12
Unha conversa sobre a mostra
10/12
Unha conversa sobre a mostra
11/12
Unha conversa sobre a mostra
12/12

A Bienal de Arte de Pontevedra cumpre a súa vixésimo novena edición ofrecendo un monográfico dedicado á emigración como un fenómeno clave para comprender a formación da historia de Arxentina, Uruguai, Chile e Galicia ao longo da historia contemporánea. Off/Fóra: Movementos imaxinarios entre Galicia e o Cono Sur achégase á migración e ao exilio dende diferentes puntos de vista: psicolóxico, político, cultural ou antropolóxico. A comisaria, a arxentina Victoria Noorthorn, deseñou a mostra pensando no artista como actor político, con capacidade para atravesar diversos dominios simbólicos.

A Bienal combina o traballo dun bo número de artistas latinoamericanos e de creadores galegos consagrados e noveis. A título de exemplo, na mostra participan os americanos Camnitzer, Mario Sagradini, Mario Navarro ou Roberto Jacoby e os galegos Xosé Artiaga, Vari Caramés, Din Matamoro e Xesús Vázquez.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con América, Pontevedra, Xosé Manuel Lens, Galería...