A programación lúdica do Xacobeo achegará actividades a oitenta vilas do país baixo o título "Vai de camiño"

Xacobeo 2006

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Aínda que este non é Ano Santo, a Sociedade de Xestión do Xacobeo non deixa de artellar propostas lúdicas e culturais coas que animar os visitantes do noso país. Deste xeito, ontte presentábase en Compostela "Vai de Camiño", un programa que achega música, monicreques, danza ou teatro a oitenta vilas diferentes. A idea, segundo explicaron os promotores desta iniciativa, é crear un circuíto estable, relacionado coas diferentes rutas xacobeas, no que desenvolver unha programación anual variada. Mercedes Peón, Mofa e Befa, Milladoiro, o Mago Teto, The Homens ou Deluxe son só algúns dos nomes que participan nesta iniciativa.

Máis información no web da Consellaría de Industria e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mercedes Peón, Danza, Teatro, Consellaría de Industria...