Cultura e Industria presentan as liñas estratéxicas de actividades para o vindeiro Ano Santo

O Xacobeo que vén

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Quedan aínda dous anos, pero xa sabemos algo sobre como será o vindeiro Xacobeo. A conselleira de Cultura Ánxela Bugallo e mais o seu homólogo en Industria, Fernando Blanco. Está prevista a celebración co ciclo de congresos “O Camiño de Santiago para o Século XXI”, cunha edición este ano centrada na Vía da Prata, outra en 2009 sobre o Camiño Norte e finalmente outro en 2010 que quere ter carácter intercontinental. Exposicións, o festival Via Stellae, o programa Vai de Camiño, a delimitación das vías ou o Plan Director da Catedral de Santiago son algunhas propostas nas que se está a traballar. Novos albergues, centros de interpretación do Camiño, e unha difusión turística internacional que quere atraer visitantes a vilas e cidades próximas á capital son outras accións previstas. A Sociedade de Xestión Xacobeo, anunciou un investimento de 140 millóns de euros nos vindeiros anos nestes proxectos.

Máis información no web do Xacobeo; web de Cultura; web de Industria

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Catedral, Exposicións, Camiño de Santiago...