A sensibilización social centra os actos para celebrar o día da muller

O día M

O vindeiro 8 de marzo celébrase o día da muller traballadora. E como indican numerosos estudios (o último, publicado pola rofesora de Psicología de la Universidad Complutense de Madrid María José Díaz-Aguado sobre Sexismo e Violencia) as desigualdades entre homes e mulleres son aínda unha realidade. Para loitar contra isto numerosos colectivos, asociacións, políticos e organismos organizan esta semana unha serie de actos que culminarán o venres, coincidindo coa data de celebración do día Internacional da Muller Traballadora. Concerencias, ciclo de cine, concertos e xornadas co mesmo obxectivo: a igualdade de xénero.q

As mesmas reivindicacións

Desde que se institucionalizou o día da muller traballadora (festividade que se comezou a atisbar por primeira vez en EEUU en 1890) as reivindicacións non variaron moito. De feito, aínda que segundo constantan entidades e organismos (como o servicio galego de igualdade), os logros acadados nesta materia son poucos e sempre chegan tarde. As reivindicacións son as de igualdade de oportunidades, as condicións laborais, a precariedade laboral e mesmo a linguaxe empregada para referirse á discriminación de xénero.











Pero diferentes actos


A poesía é a principal vía escollida polos organismos e asociacións para reivindicar a necesidade da igualdade de xénero. E así o demostraron diferentes alternativas nos actos que están previstos para este ano. A primeira delas ten nome propio "Son delas" no que oito voces de diferentes xeracións, de diferentes procedencia e de diferente profesión (artistas, actrices, músicas e das artes plásticas) uniron o seu saber facer cun mesmo obxectivo. Uxía Senlle, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Susana Seivane, Guadi Galego, Sonia Lebedynski, María Manuela e Uxía Pedreira dirixidas por Berta Cáccamo visitarán con este espectáculo (e baixo o patrocinio de Caixanova) Vigo, Santiago, Lugo e A Coruña durante este mes e o de abril para situar ó espectador na realidade e nas fontes da literatura de mulleres en Galicia.
E tamén coa poesía como fío conductor está "Elas" unha antoloxía poética editada por Comisións Obreiras (CCOO) no que colaboraron María do Carme Kruckenberg, María Xosé Queizán e Mónica Bar.
Con estas dúas iniciativas o que se pretendía era implicar ó mundo da cultura (sobre todo ó sector femenino) de diferentes idades e disciplinas na necesidade de concienciar á xente e a educar en igualdade.












E máis actos

Ademais das iniciativas poéticas puntuais os actos multiplicaránse por todas as localidades. En Santiago, A Consellería de Familia, Muller e Xuventude ten organizado unha mostra "Muller, Arte e Compromiso" (no Hostal dos Reis Católicos), un ciclo de conferencias (sobre "a globalización na prostitución" que contará coa presencia de sociólogos e asesores políticos), uns actos que rematarán o día 8 coa entrega dos premios "Galicia en feminino". Hoxe tamén comeza os actos organizados polo concello de Ferrol que consiste na proxección dun ciclo de "cine de muller" que comezará ás 20 coa proxección de "Dúas mulleres". O resto dos filmes, que se exhiben no Ateneo, sucederase á mesma hora e no mesmo sitio ata o venres, día no qeu se presentará o libro de Gloria Teiga Freijomil con "Poemas e Terra Húmeda".