O Ministerio de Medio ambiente acomete a limpeza de ríos e participa na recuperación de camiños naturais

Camiños e ríos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O cursos de cincuenta e seis ríos do noso país serán limpados dentro do Plan de Acondicionamento Hidrolóxico Ambiental de 2006 que está a acometer o Ministerio de Medio Ambiente. En total será algo máis dun millón de euros o que se destine a estas tarefas, que comprenden a retirada de residuos sólidos, a poda selectiva de vexetación e a eliminación de especies invasoras. Ao tempo, o mesmo ministerio, en colaboración coa Consellaría de Medio Ambiente, acaba de presentar o programa de recuperación de camiños naturais non motorizados. Esta iniciativa pretende acondicionar nos vindeiros tres anos seiscentos quilómetros de vías naturais deste tipo.

Máis información en El Correo Gallego sobre a limpeza de ríos; sobre os camiños; máis en La Región

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellaría de Medio Ambiente, La Región, El Correo Gallego