A lembranza do I Congreso da Emigración abre o encontro "Éxodos e Retornos" no Consello da Cultura

O reencontro emigrante

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Congreso Internacional Galicia: Éxodos e Retornos, que organiza o Consello da Cultura Galega arrincou esta mañá cunha emocionada lembranza ao I Congreso da Emigración. Algúns dos asistentes a aquel primeiro encontro de galegos no exterior, que se celebrou en Buenos Aires en 1956, estiveron presentes na xornada inaugural. En concreto, foron Xosé Neira Vilas, Anisia Miranda, Marivi Villaverde e Antón Santamarina os que ofreceron unha lembranza en primeira persoa daquel acontecemento histórico.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anisia Miranda, Antón Santamarina, Xosé Neira Vilas, Consello da Cultura Galega...