Posiblemente se trate das bolsas máis cobizadas no noso país polos que continúan os seus estudos logo da carreira universitaria. Só os mellores poden optar a unha delas. As bolsas da Fundación Barrié e mais as da Fundación Caixa Galicia pagan cada ano a estancia de medio cento de estudantes galegos nalgunhas das máis destacadas universidades e centros de investigación do mundo. Unha ollada a estes agraciados pódenos dar unha idea de qué se está a primar para a Galicia do futuro.
Á última edición das bolsas Caixa Galicia presentáronse 382 solicitudes, o que nos dá unha idea da popularidade deste programa. A axuda cubre practicamente todo: matrícula, billete de ida e volta e unha dotación mensual de entre 1.050 e 1.650 euros a depender do lugar onde se desenvolvan os estudos, engadindo unha dotación de 1.500 euros para material académico e seguro de enfermidade e de accidentes. Dun xeito semellante, desde Fundación Barrié cóbrense gastos de transporte, matrícula e outórgase unha cantidade que oscila entre 17.460 euros e os 20.300 dólares para aloxamentos, manutención e libros, a depender de se a estadía é en Europa ou en Estados Unidos. En xeral, nos dous casos hai moita competencia para facerse cunha destas suculentas axudas, e só os estudantes cun mellor currículo acadan facerse cunha delas.
Datos de hoxe
En total foron ata o momento uns nove millóns de euros os que investiu Caixa Galicia en bolsas deste tipo e setecentos os estudantes galegos que se beneficiaron delas desde que, en 1988 se puxo en marcha a acción Bechas Francia. Pola banda da Fundación Barrié, o programa de posgrao chegou a 341 bolseiros desde o seu inicio en 1990, e contou cun orzamento dun millón de euros na súa última edición. En canto a áreas, neste último ano foi a área de Socio Xurídicas a que levou un maior número de axudas da Fundación Caixa Galicia, nove do total de vinte e cinco. Humanidades, con cinco e Experimentais con catro foron as outras áreas con máis apoio. Doutorados en Dereito ou Antropoloxía, os sempiternos mestrados en "Business Administration" (MBA), nanotecnoloxía, chips, música, literatura, arquitectura da paisaxe ou matemáticas foron algúns do estudos que apoiou esta fundación para 2006. Da banda da Barrié, o panorama é semellante, pero nótase un especial peso dos estudos técnicos coma enxeñarías, bioloxía, química ou telecomunicacións, que se fixeron con once das axudas totais. Destaca tamén nesta convocatoria a presenza de artes escénicas e musicais, para as que foron seis axudas. As ciencias políticas e económicas fixéronse con catro bolsas desta volta.
Tendencias históricas
A nivel histórico, os datos das bolsas Barrié amosan a tendencia a apoiar estudos de economía e mais de dereito. As ciencias económicas e empresariais encabezan a lista de bolseiros, con 41 á altura de 2005, seguida moi de preto, iso si, polos 38 enxeñeiros que no mesmo período empregaron estas axudas. O Dereito, con 23 bolsas, e a Medicina, con 22, compiten con pólas do saber coma a Historia da Arte e as Belas Artes, que suman 21 ou a música, unha disciplina que acumula 15 bolseiros neste período. Como estratexia básica, desde a Barrié apuntan o criterio de non incidir en parcelas xa atendidas pola Administración e cubrir novas demandas sociais. Pola súa banda, desde a Fundación Caixa Galicia recoñecen que, de acordo coa propia natureza deste organismo, téndense a primar os estudos sobre economía.
A importancia da economía
Foi precisamente un Máster en Centro de Estudos Macroeconómicos e Financeiros (CEMFI) de Madrid o que a Fundación Caixa Galicia lle cubriu a Laura Hospido entre 2002 e 2004. "A experiencia foi moi boa", lembra esta bolseira, "tanto que quedei facer o doutoramento". Para Hospido o seguinte paso na súa carreira profesional é tentar unha estadía no estranxeiro, para logo voltar ao noso país e traballar nel. Ao seu ver, este tipo de bolsas "son fundamentais porque favorecen que a xente poida facer este tipo de cursos de posgrao en España ou no estranxeiro". De cara a mellorar dalgún xeito este tipo de axudas, "só se me ocorre que se puidesen dar mais. O proceso de selección funciona ben e é transparente tanto nas bolsas da Barrié como nas de Caixa Galicia, e a información chega ben.
Comunidade de bolsas
Aos poucos, estes proxectos de axuda están a crear cadansúa pequena comunidade de investigadores que gozaron de cadansúa bolsa. As asociacións de antigos bolseiros existen e funcionan, e é habitual que moitos dos usuarios manteñan contacto entre si. "Eu manteño moito contacto con dúas rapazas que están tamén en Madrid e foron bolseiras", explica Hospido. "En xeral os bolseiros mantémonos en contacto e flúe a información. Caixa Galicia mesmo organiza un acto anual onde nos reunimos, e sei que coa Barrié funciona dun xeito semellante". Un punto de encontro único que agrupa algúns dos máis destacados estudantes e investigadores galegos nos campos máis variados e que mesmo en ocasións abordan proxectos conxuntos, como foi o informe que o colectivo de bolseiros da Barrié elaborou con ocasión do desastre do Prestige.
Destinos e orixes
Como é de supor, o destino de todos estes brillantes alumnos son algunhas das principais universidades do mundo. Oxford e Cambridge no Reino Unido, O Massachussets Institute of Technology en Estados Unidos ou diferentes organismos do Centro Superior de Investigacións Científicas, en España, son algúns dos destinos que a Fundación Caixa Galicia destaca de entre os que elixen os seus bolseiros. Desde a Barrié, a lista de universidades máis solicitadas complétase coas de Columbia, Nova York e Standford, tamén en Estados Unidos, e coa London School of Economics e o University College na mesma cidade do Reino Unido. Desde o punto de vista oposto, a ollar a orixe dos bolseiros, é a Universidade de Santiago revélase como a que envía máis investigadores ao exterior mediante unha destas voltas. Oito dos que conseguiron a Caixa Galicia e nove dos que lograron a Barrié este ano chegaron desta institución.
Os nomes agochados
Pola propia natureza dos seus estudos moitos destes nomes non cheguan a ser coñecidos polo grande público por moito que destaquen nas súas disciplinas. Ademais, a xeral mocidade dos bolseiros desta dúas fundacións dificulta que, polo momento, entren na historia do noso país. De calquera xeito, xa se van dando a coñecer figuras coma o artista Rubén Ramos Balsa (Barrié), a fotógrafa Noemí Otamendi ou María do Cebreiro, poeta e filóloga que gozou dunha bolsa Caixa Galicia. No entanto, posiblemente a mais coñecida das bolseiras sexa polo momento Cristina Pato, que conseguiu unha axuda da Fundación Barrié para os seus estudos de piano en Estados Unidos. De certo hai, agochados nestes máis de mil nomes, algúns dos que marcarán en breve o futuro do noso país desde ámbitos do máis variado.