Cada cambio de estación, o último xoves de trimestre, un grupo de persoas de dirixe, ao caer a tarde, ao Museo de Lugo. O que os reúne alí non é un concerto, nin unha conferencia, nin unha representación teatral. Poderíase dicir que é unha mestura de todo. A revista oral "Pazo das musas" chega ao seu sexto número consolidándose como unha orixinal proposta de difusión cultural na Cidade da Muralla.
En entrando, os visitantes reciben cadanseu sumario impreso, en todo semellante ao dunha publicación en papel. Número, data de edición, créditos (incluíndo unha breve presentación de cada participante) e un resumo dos contidos da revista, con cadanseu título, o nome do autor e mais o xénero: Poesía, Música, Memoria, Documental, Opinión (que irá a cargo do propio público), Conversa e mesmo Portada, Contraportada e Epílogo. A peculiaridade é que onda cada unha destes contidos, aparece o tempo da súa duración. Porque, non esquezamos, esta é unha revista oral, e cada unha destas propostas desenvólvese desde un escenario. "Aínda que o sumario non é un guión, si se lle asemella", explica Antonio Reigosa, responsable do Departamento de Didáctica do Museo e promotor desta iniciativa, "en xeral conseguimos adaptarnos ao tempo previsto, e en total cada número dura como unha hora e media"
O formato
"Buscábamos un formato que nos permitise divulgar o máximo número de manifestacións culturais do xeito máis atractivo posible. Queríamos un formato áxil e breve", lembra Reigosa. "Pensamos na revista oral, con contidos variados, sempre con música e case sempre con poesía". A proposta semella ter funcionado, xa que é habitual que cada edición congregue a un cento de persoas, entre os que hai unha importante parte que xa é fixo e non falta a cada número. "Logo tivemos números puntuais que tiveron máis éxito, como que fixemos en apoio do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, que foi un abarrote". Canda aos números habituais, de cando en vez a revista desenvolve propostas monográficas, como foi ese caso.
Ilustracións na voz
Por estraño que pareza, tamén a revista oral conta con ilustracións. "O que non se ve no papel é o contido de imaxes que acompaña cada revista. A imaxe está fixa ou poñemos algún pequeno vídeo", explica Reigosa. "tamén empregamos outro tipo de soportes gráficos, como ensinar unha peza real do museo e permitir que a xente a toque. No último número por exemplo, incluímos unha montaxe feita pola artista Marta Prieto". Esta é, segundo os promotores, unha das achegas que fai este proxecto concreto ao formato, así coma unha das chaves do éxito que acada.
Un escenario para todos
"Parte da filosofía do proxecto é pór nun mesmo escenario a cultura popular e a chamada alta cultura", sinala este organizador. "Teñen coincidido nestes eventos desde un señor que fai prognósticos do tempo e edita o seu calendario, cun grupo de teatro, un pintor ou músicos de conservatorio",explica. "Na medida do posible, tentamos achegar experiencias vivas, e de feito temos un apartado específico onde imos sacando información sobre cousas que no seu momento puideron non ter moito eco". Deste xeito, parou polo escenario xente coma Paco Martín, como participante da primeira revista de Literatura Infantil e Xuvenil que se fixo en galego, persoas que participaron nos movementos culturais dos anos oitenta ou os membros dun grupo artístico lugués que alcanzou o seu apoxeo hai xa corenta anos.
Escolma de voces
Entre as múltiples persoas que participaron neste proxecto, Reigosa lembra o impacto que conseguiu o documental que, desde a propia organización, fixeron sobre o arquitecto Jesús Amor. Ou a participación do luthier e intérprete de zanfona Pablo Cid. Ou a representación que, no número cero, quince actores fixeron dunha escena dunha obra de Cervantes cunha mesa como case único elemento de escenografía. Ou a reunión dos protagonistas dun cadro de Julia Minguillón, que quedaron inmortalizados coma nenos e son agora anciáns que explicaron o funcionamento da escola da súa infancia. "Teño un especial recordo das entrevista que levamos feito, porque eran algo ao que lles tiña medo. Dan moito xogo, tamén porque trouxemos xente con experiencia en medios para as facer", lembra. Nomes coma Marica Campo, Darío Xohán Cabana, Xosé Manuel González Reboredo, Marilar Aleixandre ou Francisco Fernández del Riego.
Futuro para o efémero
Unha das primeiras cuestións que se presenta ao falar deste proxecto, é por que non aproveitar os contidos de "Pazo das Musas" para os fixar nalgún soporte e conseguir así unha maior difusión. A idea tampouco foi allea aos organizadores. "Estamos a gravar todas as actuacións en vídeo, e agardamos poder montalo de xeito que se poida ver unha escolma de todos os números", sinala Reigosa. "A idea non é poñelo todo, senón representar un pouco o que pasou por aquí". De cara ao futuro, agardan manter o formato e continuar buscando contidos atractivos. "A min gustaríame enganchar xente nova, sen escapar da recuperación da historia e sen renunciar a que todas as manifestacións culturais estean no mesmo plano", sinala o organizador. A cita continuará a ser o último xoves do mes en que acaba a estación.
Índices do Pazo das Musas.En entrando, os visitantes reciben cadanseu sumario impreso, en todo semellante ao dunha publicación en papel. Número, data de edición, créditos (incluíndo unha breve presentación de cada participante) e un resumo dos contidos da revista, con cadanseu título, o nome do autor e mais o xénero: Poesía, Música, Memoria, Documental, Opinión (que irá a cargo do propio público), Conversa e mesmo Portada, Contraportada e Epílogo. A peculiaridade é que onda cada unha destes contidos, aparece o tempo da súa duración. Porque, non esquezamos, esta é unha revista oral, e cada unha destas propostas desenvólvese desde un escenario. "Aínda que o sumario non é un guión, si se lle asemella", explica Antonio Reigosa, responsable do Departamento de Didáctica do Museo e promotor desta iniciativa, "en xeral conseguimos adaptarnos ao tempo previsto, e en total cada número dura como unha hora e media"
O formato
"Buscábamos un formato que nos permitise divulgar o máximo número de manifestacións culturais do xeito máis atractivo posible. Queríamos un formato áxil e breve", lembra Reigosa. "Pensamos na revista oral, con contidos variados, sempre con música e case sempre con poesía". A proposta semella ter funcionado, xa que é habitual que cada edición congregue a un cento de persoas, entre os que hai unha importante parte que xa é fixo e non falta a cada número. "Logo tivemos números puntuais que tiveron máis éxito, como que fixemos en apoio do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, que foi un abarrote". Canda aos números habituais, de cando en vez a revista desenvolve propostas monográficas, como foi ese caso.
Ilustracións na voz
Por estraño que pareza, tamén a revista oral conta con ilustracións. "O que non se ve no papel é o contido de imaxes que acompaña cada revista. A imaxe está fixa ou poñemos algún pequeno vídeo", explica Reigosa. "tamén empregamos outro tipo de soportes gráficos, como ensinar unha peza real do museo e permitir que a xente a toque. No último número por exemplo, incluímos unha montaxe feita pola artista Marta Prieto". Esta é, segundo os promotores, unha das achegas que fai este proxecto concreto ao formato, así coma unha das chaves do éxito que acada.
Un escenario para todos
"Parte da filosofía do proxecto é pór nun mesmo escenario a cultura popular e a chamada alta cultura", sinala este organizador. "Teñen coincidido nestes eventos desde un señor que fai prognósticos do tempo e edita o seu calendario, cun grupo de teatro, un pintor ou músicos de conservatorio",explica. "Na medida do posible, tentamos achegar experiencias vivas, e de feito temos un apartado específico onde imos sacando información sobre cousas que no seu momento puideron non ter moito eco". Deste xeito, parou polo escenario xente coma Paco Martín, como participante da primeira revista de Literatura Infantil e Xuvenil que se fixo en galego, persoas que participaron nos movementos culturais dos anos oitenta ou os membros dun grupo artístico lugués que alcanzou o seu apoxeo hai xa corenta anos.
Escolma de voces
Entre as múltiples persoas que participaron neste proxecto, Reigosa lembra o impacto que conseguiu o documental que, desde a propia organización, fixeron sobre o arquitecto Jesús Amor. Ou a participación do luthier e intérprete de zanfona Pablo Cid. Ou a representación que, no número cero, quince actores fixeron dunha escena dunha obra de Cervantes cunha mesa como case único elemento de escenografía. Ou a reunión dos protagonistas dun cadro de Julia Minguillón, que quedaron inmortalizados coma nenos e son agora anciáns que explicaron o funcionamento da escola da súa infancia. "Teño un especial recordo das entrevista que levamos feito, porque eran algo ao que lles tiña medo. Dan moito xogo, tamén porque trouxemos xente con experiencia en medios para as facer", lembra. Nomes coma Marica Campo, Darío Xohán Cabana, Xosé Manuel González Reboredo, Marilar Aleixandre ou Francisco Fernández del Riego.
Futuro para o efémero
Unha das primeiras cuestións que se presenta ao falar deste proxecto, é por que non aproveitar os contidos de "Pazo das Musas" para os fixar nalgún soporte e conseguir así unha maior difusión. A idea tampouco foi allea aos organizadores. "Estamos a gravar todas as actuacións en vídeo, e agardamos poder montalo de xeito que se poida ver unha escolma de todos os números", sinala Reigosa. "A idea non é poñelo todo, senón representar un pouco o que pasou por aquí". De cara ao futuro, agardan manter o formato e continuar buscando contidos atractivos. "A min gustaríame enganchar xente nova, sen escapar da recuperación da historia e sen renunciar a que todas as manifestacións culturais estean no mesmo plano", sinala o organizador. A cita continuará a ser o último xoves do mes en que acaba a estación.
A revista oral O Pazo das Musas comezou no ano 2004 e xa leva seis intensos números que combinan unha gran diversidade de temáticas. Dende música, ilustración, narración oral ata historia ou literatura.
A revista está coordinada por Antonio Reigosa e editada pola Deputación de Lugo e o seu Museo Provincial.