Sargadelos destitúe a Díaz Pardo e os seus fillos do Consello de Administración

Sargadelos despide a Díaz Pardo

Primeiro deixou a presidencia do Consello de Administración de Cerámicas de Castro e o pasado luns foi destituído como administrador de Cerámicas de Sargadelos. Isaac Díaz Pardo fecha outro capítulo na historia do emblemático grupo que axudou a crear e que foi un emblema da nosa cultura no último terzo do século XX. Os integrantes provisionais do novo consello de administración son Santiago Sineiro, Javier Remeseiro e José Luís Vázquez, tres homes vencellados ao grupo desde hai anos que en breve proporán o nome do novo presidente. Malia que anuncian o seu interese de perpetuar o legado cultural, Isaac Díaz Pardo acusa o grupo maioritario de primar os intereses económicos por riba dos culturais. A ruptura que provocou a saída de Isaac Díaz Pardo e dos seus fillos das sociedades do complexo grupo Sargadelos podería continuar esta mesma semana no Instituto Galego da Información, que tamén celebra Xunta Xeral de accionistas.

Máis información en La Voz de Galicia, El Correo Gallego e sobre a polémica na nosa hemeroteca