Un libro recolle os manifestos literarios que se editaron en Galicia desde 1920

A literatura maniféstase

Un manifesto é un escrito no que se ofrece unha declaración de doutrinas ou os principios programáticos de algo que se quere facer. Por iso, coñecendo eses documentos podemos saber do contexto e das intencións da xente que os subscribiu. O escritor Xesús González pasou dous anos compilando aqueles que tiñan que ver co ámbito literario do século XX e o resultado chámase “Manifesta Galiza” (Editado por A Nosa Terra). Con eles podemos entender algunhas das iniciativas que houbo na literatura galega recente.

“Decidín optar polo ámbito exclusivamente literario porque a nosa literatura produciu poucos manifestos” deste xeito o escritor e tradutor Xesús González explica como foi acoutando todo o seu estudo. O libro foi tomando forma pouco a pouco desde hai dous anos que foi cando Xesús descolgou o teléfono para chamar aos seus amigos e coñecidos para facer memoria colectiva dos textos que foron aparecendo ao longo do século XX.

Un fío común
Entre o manifesto das páxinas do diario coruñés “El Noroeste” (1922) e a presentación da revista “Alquimia” (1999) hai máis de oitenta anos de historia da nosa literatura. Un período suficiente para ver nela diferentes etapas, posturas e mesmo estados de ánimo. "Vai sendo tempo de que se troquen os moldes vellos, que xa están en descreto total" recollía o xornal coruñés "El Noroeste", no texto que abre a relación dos manifestos. Entre outras cousas porque segundo o autor a produción dos manifestos ten un grado de filiación moi estreito co que acontece no seu contexto específico.

Non todos son manifestos en sentido estricto, senón que tamén hai prólogos e limiares de entrevistas. “Recompilei todos aqueles que cumpren as características de manifesto, porque malia que hai textos que non o son, penso que dunha ou doutra maneira cumpren con esa función de ser o embrión dun movemento, de algo que está acontecendo ao redor” explica Xesús.

Di Xesús no seu prólogo que todo manifesto ten dous momentos importantes: un de fundación e outro de negación. E este libro céntrase nos primeiros, na recollida de textos que supoñen unha afirmación teórica do movemento, que agochan (de xeito máis solapado ou máis manifesto) unha afirmación teórica do seu movemento e que explica unha posición activa por parte dos autores e tamén desde un punto de vista creativo para a literatura.

Por outra banda, como a propia historia da literatura, non existe unha periodicidade regular para este tipo de textos. “Dos 55 textos que considero manifestos, explica Xesús, algúns sono abertamente e outros que aparecen de xeito solapado. Desde 1914 e ata 1950 hai tres ou catro, desde 1950 ata 1975 seis ou sete e a maioría van de 1975 ata hoxe”. Un feito que volve relacionar a produción co momento histórico, xa que foi coa chegada da democracia cando proliferaron este tipo de documentos.

As súas particularidades
“Son declaracións de intencións, proxectos, embrións de movementos” explica o seu compilador. Pero non son todos iguais. Para Xesús hai manifestos en sentido estricto como “o fixado polo colectivo “A sabedoría intransixente” que foron editados en panfleto ou outros do colectivos Ronsel ou Réner. Hainos de tipo persoal que é o que fixo Rafael Dieste e que pide unha intervención na literatura do momento. Hainos descoñecidos como o da dunha revista en Barcelona que se chama “O Pote” e que resulta bastante curioso. E logo hai declaracións de intencións como as que fan “Galaxia” ou “A trabe de Ouro”que tamén considero que son manifestos por ese carácter que ten de marcar unha filosofía ou un punto de inicio”.

Entre todos os documentos que compoñen “Manifesta Galiza” para Xesús existe un especialmente significativo e que se reproduce nunha nota porque está en castelán. Trátase do folleto de presentación da editorial Galaxia en 1950 que se fixo co obxectivo de recadar socios para a empresa e destácao porque “explica toda a creación de Galaxia desde 1950, e paréceme un documento curioso e moi interesante porque consagra os alicerces do proxecto desde o primeiro día” apunta Xesús. No limiar do libro "Antífona da Cantiga" de Ramón Cabanillas que publicou a editorial Galaxia figura que tiña como primeira tarefa "atender os problemas culturais i-espritoaesdo noso país e das súas xentes, ofrecendo canle axeitado ó espallamento da obra dos nosos pubricistas".

De todos os documentos que se recollen nesta compilación hai dous que non foron editados en Galicia. Un deles é o prologo da revista Vieiros que foi editada en México e o outro é a revista “O pote” de Barcelona. A primeira porque segundo o autor constitúe un punto de inflexión e a segunda pola súa singularidade.

As ausencias
Pero non están todos. Xesús González aclara no prólogo que hai outros documentos que non se reproduce nesta compilacións. Algúns por non ser exclusivamente literarios, outros porque non teñen ese carácter ideolóxico ou doctrinario que teñen os documentos.

Entre eses documentos que non aparecen reseñados están “Nova narrativa y conciencia social” de Méndez Ferrín; a “Carta a Manoel Antonio” de Gonzalo R. Mourullo; “Señores poetas galegos, ¿non están Vocés un pouco despistados?” de Xosé Ramón Pena ou “A subnormalización da cultura galega”de Claudio Rodríguez Fer (Lugo, Libelos de Cebra, 1994).

Como di Manoel Antonio no seu manifesto (1922) que pecha a compilación "en cada relanzo do camiño agardamos unha voz que nos berra: Máis alá!"

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Coa porta aberta”
Orixe: Páxinas galegas do diario cruñés “El noroeste”. A Coruña, 10-09-1918
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Primeiras verbas”
Revista “Nós”. Ourense nº 1. Ano I. (30 de outubro de 1920)
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Rexurdimento”
Orixe: Revista quincenal “Rexurdimento”. Órgano dos intereses mariñáns nº!, Betanzos, agosto do 1922.
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “O meu manifesto”
Orixe: Manifesto de Vicente Risco. En “El Pueblo gallego”. Vigo. 01-01-1926.
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Presentación de Galiza”
Orixe: Galicia, nº4. Mondoñedo, as San Lucas, 1932. P2
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Alicerce”
Orixe: Representación de Vieiros. Revista do Padroado da Cultura Galega de México, nº1. Verán 1959.
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Presentación da revista Agalia”
Orixe: Agália, nº1. A Coruña. Primavera, 1985
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Galicia, ESA MERDA (Manifesto Kamikaze)”
Orixe: Escrito por Suso de Toro. A Nosa Terra, nº276. 14-IX-1985.
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Máis alá”
Orixe: Álvaro Cebreiro e Manoel Antonio. San Xoán, 1922.
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.

Os abaixo asinantes

Os abaixo asinantes

Título: “Verbas limiares da Editorial”
Orixe: En Ramón Cabanillas, “Antifonía da cantiga”, Vigo. Editoral Galaxia, 1950.
Fonte: Gónzalez Gómez, Xesús. “Manifesta Galiza. Manifestos na literatura galega do século XX” Vigo, A Nosa terra, 2006.