As cidades Patrimonio da Humanidade están en pé de guerra. Esta fin de semana espuxeron en Madrid, en Fitur, as súas excelencias, pero tamén aproveitaron o tirón mediático, para estarricarlles das orellas ós gobernos reclamando máis cartos para os seus cascos históricos. E é que a promoción turÃstica non é suficiente para que os gobernos autonómicos contemplen medidas especiais para satisfacer algunhas demandas. No caso de Compostela, co recén aprobado Estatuto da Capitalidade, haberá que esperar ata que se poña en marcha para ver cómo se concretan as prometidas axudas. Sobre o mantel as reivindicacións son as mesmas: compensacións fiscais polo IBI e maila retiarada do cableado. E todo isto nun momento no que diminuiron as visitas turÃsticas polo que desde a Xunta se lanza un consello: manter os precios sen rebaixar a calidade.
Recesión
11 de setembro. Esta foi a data máis repetida estes dÃas no congreso sobre turismo, Fitur, que se estivo a celebrar en Madrid. E que nesta feira se apuntou que o sector do turismo, tralo atentado das Torres Xemelgas de Nova York descendeu un 1,3% con respecto ós anos anteriores. Un feito que obriga a un replantexamento do sector turÃstico, para evitar que esta situación vaia a peor. De feito, todos os elementos implicados neste sector, quixeron aportar o seu gran de area. Gobernos, empresas e particulares deben contribuir a manter unha situación atractiva para mellorar o número de visitas. No caso de Galicia, o concellal de turismo de Santiago, Francisco Candela (que tamén estivo en Fitur), apuntaba que Santiago estaba "a cuberto desta medida". Entre outras cousas, porque a última estatÃstica sobre visita de poboación á capital de Galicia, apuntaba que o 85% das visitas chegadas provÃan de territorio estatal, o que non implicarÃa un descenso moi drástico. Ademais, asà poderÃa captar a este sector do turismo acostumbrado a facer viaxes transoceánicas que agora, poderÃa mudar por destinos como Santiago. Pero ademais, Francisco Candela, tamén ofrecÃa a súa posible solución das cousas: manter os prezos sen menos cabo da cualidade. É dicir, pretender "ser competitivo neste novo escenario e nun contexto influÃdo pola introducción do euro". E isto sonou como un resorte entre os sectores turÃsticos, que levan tempo reclamando axudas e medidas de tipo fiscal pola súa condición de Cidade Patrimonio.s
Contención
O grupo de Cidades Patrimonio, entre as que se inclúe Santiago, leva moito tempo esixindo unha serie de vantaxas debido á súa propia condición. Unhas peticións que se inclúen en dúas: por unha banda a retirada e enterramento do cableado nos centros históricos. Un tema do que normalmente non se quere oÃr falar, xa que supón un investimento de uns 48 millóns de euros (uns 8.000 millóns de pesetas) no caso de Santiago, que é moi difÃcil de asumir. A outra gran reivindicación implica estar exentos do pago do IBI, do que xa están impostos nalgunhas cidades e que lle suporÃa ó Concello de Santiago quedarse sen 1.803.000 de euros (300 millóns de pesetas) anualmente.
Pero o caso é que mentras esas reivindicacións seguen sobre o mantel, desde os gobernos seguen a destinarse cartos de cara a promoción. O último chanzo neste proceso foi que as cidades Patrimonio da Humanidade acaban de asinar un convenio con Turesapaña en calidade de promoción conxunta que rondará os 2,4 millóns de euros (450 millóns de pesetas). E iso implica unha serie de actuacións, e unha serie de normas para as que os concellos non teñen capacidade financeira suficiente para facerlle fronte a todas estas medidas. O recén aprobado Estatuto de Capitalidade de Santiago, que se poñerá en marcha, presumiblemente en xullo deste ano, desvelará que partidas e que medidas se outorgarán para solventar estes problemas.