Tal e como anunciaran diferentes colectivos, esta semana comezan os actos para publicitar a reforma da normativa proposta polas tres universidades e o ILG e rexeitada pola Real Academia Galega (RAG). AsÃ, as conferencias que durante esta semana percorrerán as sete cidades galegas ou o envÃo de cartas de protesta á RAG son algunhas das actividades programas. Outra grande novidade no debate sobre a reforma normativa é o feito de que xa existe un medio que emprega este xeito de escrita. O semanario "A Nosa Terra" adopta, desde o seu último número, aparecido o pasado xoves, a normativa que rexeitou a Academia, renunciando ó seu tradicional emprego da normativa de mÃnimos.
Información e protesta
Varios dos compoñentes da comisión que redactou a proposta de reforma normativa, desenvolverán durante o mes de decembro e polas sete cidades galegas, conferencias para explicar o contido da súa proposta e analizar a situación creada logo da negativa da RAG a aprobala.
AsÃ, Xosé Ramón Freixero Mato, Xoán Costa, Xosé LuÃs Regueira, Carme Vázquez, Anxo Louzao, Alberto Ansede, e Duarte Correa entre outros membros da comisión, irán participando alternativamente nas mesas que contarán sempre con catro dos redactores da proposta.
Os actos comezan hoxe mesmo na galerÃa Sargadelos de Lugo ás oito da tarde, e continúan mañá á mesma hora na Fundación Granell de Compostela. O luns dez e de novo ás oito e na GalerÃa Sargadelos, tócalle a Pontevedra, que lle pasa o testemuño ó Salón de Actos do Edificio Simeón en Ourense. Entre os dÃas doce, trece e catorce, serán Vigo, A Coruña e Ferrol as cidades que recibirán a visita dos membros da comisión.
Ademais desta campaña informativa, sección de ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG), está desenvolvendo outra campaña informativa dentro da que se prevé organizar un acto multitudinario de apoio á reforma normativa que terÃa lugar en decembro.
Nos centros de ensino primario e secundario estáse a promover outra campaña que consiste en enviar á sede da RAG na rúa Tabernas da Coruña, un escrito demandándolle á institución que retome o debate sobre a norma. Tamén a nivel universitario se está a recabar o apoio de profesores e departamentos á nova normativa.
O pasado sábado un grupo de escritores reuniuse en Compostela e decidiu crear unha comisión de tres membros que represente este colectivo e analize as posibilidades de que participe nalgunha das campañas de apoio á reforma.
Escribir en e sobre a normativa reformada
O semanario "A Nosa Terra" anuncia no editorial do seu último número que "considerando ter servido con honestidade á causa común do galego", "opta pola utlización das normas oficiais", entendendo como tales as propostas polas tres universidades e o ILG.
"A Nosa Terra" convértese asà no primeiro medio de comunicación que opta pola normativa reformada no seu traballo diario, un xesto que destaca especialmente por ser ata o de agora unha das escasas publicacións que continuaban a empregar os mÃnimos reintegracionistas da AS-PG.
E mentres uns empregan a normativa reformada, outros continúan a falar dela. Nos últimos dÃas a prensa recolle novas e confrontadas opinións sobre a reforma e sobre a decisión da academia.
AsÃ, Pilar GarcÃa Negro, filóloga e deputada do BNG, realiza unha análise da evolución das competencias da RAG e da evolución da normativa oficial desde 2982, reclamando o achegamento ó portugués do noso idioma. No mesmo semanario, Xosé Manuel Sarille saliente a importancia da mobilización cidadá no debate e no movemento de normalización.
Apoiando a Academia, "La Voz de Galicia" do sábado acolle un artigo de Juan José R. Calza, catedrático de teorÃa económica que ataca duramenta a reintegracionistas e "nacionalitaristas" acusándoos de estar detrás da reforma normativa e cuestiona se a mudanza da norma "non traerÃa, antes ou despois, o cuestionamento das subvencións" que, segundo el, Galicia recibe de Madrid.
No mesmo sentido, Xesús López Fernández, en "Diario de Pontevedra", celebra a decisión da RAG cun "¡Menos mal que a RAG mantivo a súa independencia!" sinalando neste caso as editoriais como interesadas no achegamento ó portugués. Ademais, ataca de novo o reintegracionismo e celebra as declaracións do académico Franco Grande explicando o debate da Academia.