Ata certo punto xa nos afixéramos á idea de que os eucaliptos, os caranguexos de río americano ou os visóns están a entrar nos nosos ecosistemas. Hai anos que vimos escoitando falar regularmente de como a chegada de organismos foráneos modifica os hábitats galegos. No entanto, este verán os anuncios de dúas auténticas pragas motivadas por un mexillón e por un verme, respectivamente lémbrannos que o proceso de bioinvasións non está, nin moito menos, fechado.
Con apenas quince días de diferenza, este mes xurdiron na prensa dúas grandes alarmas encol das bioinvasións. Por unha banda, un estudo do Instituto de Investigacións Mariñas, en Vigo, advertía da rápida proliferación nas augas desta ría dunha especie de mexillón procedente de Nova Zelanda. A expansión deste molusco podería mesmo ameazar a supervivencia do seu equivalente autóctono nas nosas costas. Pouco tempo despois, "La Voz de Galicia" alertaba da problemática praga de vermes que está a devorar, no último mes, unha extensión ata cincuenta áreas de bosques protexidos na serra dos Ancares.
Vermes inadvertidos
Segundo informaba recentemente este xornal, no último mes unha praga de eirugas está a deixar totalmente espidos unha boa extensión de bosques na reserva natural dos Ancares. Entre quince e cincuenta hectáreas, a depender de se a estimación a fai a Xunta ou os veciños, estarían afectadas pola Agriopis Aurantiaria. Este lepidóptero, que amosa unha grande voracidade e está presente nun grande número na zona afectada, non era, segundo o xornal, coñecido previamente na zona. Pedro Mansilla, xefe de servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, en Pontevedra, foi un dos encargados de identificar a especie destas eirugas, e salienta que, neste caso, non se trata de animais foráneos. "É unha especie que xa tiñamos en toda a área Norte e é corrente, non é unha praga exótica". Nese sentido sinala que é a súa proliferación o que provoca que se repare nela por primeira vez. Desde este centro apuntan que esta especie está a piques de rematar a súa fase larval e, polo tanto, de cesar a súa acción destrutora, pero que existe a posibilidade de que a situación se repita para o vindeiro ano. "Haberá que estar atentos en setembro e facer capturas de machos e de femias para ver o tamaño da poboación", sinala Mansilla, xa que é entón cando completará a metamorfose a bolboreta. "Logo hai que estar atento en abril ou maio do vindeiro ano para ver se hai moitas larvas ou non", completa. Desde este centro apostan por intervir mediante o emprego dun bacilo ou a través de trampas para impedir o desenvolvemento desta especie, e alertan do dano que unha fumigación masiva faría no contorno.
O perigo bivalvo
Canda a esta, outra praga que estivo a acaparar titulares nos xornais do último mes foi a proliferación, na Ría de Vigo, dun mexillón de orixe neocelandesa que se expande a grande velocidade e crea grandes colonias que amezan con modificar o medio. O Xenostrobus Securis, que así se coñece este bivalvo, ten grandes capacidades de se reproducir e adáptase con facilidade a augas de distinta salinidade, de xeito que é un competidor moi directo do mexillón galego e pode mesmo lle transmitir enfermidades . A importancia económica que ten esta especia na nosa economía, unido ao feito de que o xenostrobus xa se ten revelado como un problema nas costas de Italia, Francia e mais Xapón, está a facer saltar as alarmas. Os investigadores do Instituto de Estudos Marítimos de Vigo apuntan a posibilidade de que a especie chegase ás nosas augas a través das sementes para acuicultura.
Do acuario ao río
Aínda que son as máis espectaculares, non son estas as únicas especies que se detectaron recentemente no noso contorno. Un recente artigo dos botánicos Íñigo Pulgar e Jesús Izco identificaron recentemente a presenza no noso país da Egeria Densa, unha planta que se utiliza con fins ornamentais en acuarios. "Revisamos algunhas referencias e vimos que estaban mal identificadas. É unha planta introducida pero non constitúe neste momento un risco nin supón unha competencia grave", sinala Izco. Un estanque no parque de Caldas de Reis e outra pequena poboación no Umia son as únicas mostras da presenza desta planta orixinaria do Brasil. Aínda que polo momento non ameaza o noso contorno, a Egeria Densa é coñecida pola súa capacidade de reproducirse de xeito incontrolado, e xa ten dado problemas en diferentes áreas do mundo. É por iso que estes botánicos apuntan a necesidade de controlar a súa poboación. "Agora, sabendo onde está, e cal é a súa ecoloxía, se detectásemos que aparece en moitas localidades xa contamos cun punto cero que nos permite avaliar a situación", sinala este autor.
Turistas no Miño
Tamén foi nun contorno fluvial, mais concretamente no Miño, onde as investigacións de Marco González e de Fernando Cobo detectaron a presenza de determinadas especies foráneas. Deste xeito, o curso fluvial acolle organismo coma a Planaria, un invertebrado que habitualmente se alimenta de prea ou un Hidrozoo que habita no fondo dos ríos. "Son organismos moi pequenos de difíciles de cuantificar", explica Cobo, "o problema que poden causar é pola posibilidade de que despracen especies semellantes". Canda a estes, detectaron tamén organismos máis complexos coma a especie de berberecho, Corvícula flumínea. "Esta xa leva tempo aí, por todo o Miño. Estamos a ver como se pode eliminar e ao tempo traballamos nun proxecto sobre como lle poder buscar aproveitamento gastronómico", sinala este doutor en Bioloxía. Xa máis para o interior, na Limia, estes dous investigadores comprobaron a existencia dunha nova especie de peixe en Galicia, a Perca Sol. "Esta especie non ten aproveitamento ningún e devora moitos invertebrados".
As vías de entrada
Sobre os mecanismos polo que estas especies chegan aos nosos ecosistemas, os mecanismos son coñecidos naqueles casos en que se importan polo seu aproveitamento alimenticio ou industrial e acaban saltando á natureza, como é o tristemente coñecido caso dos visóns. Noutras ocasións Cobo sinala que "moitas destas especies veñen acompañando outras, e en xeral son variedades que están a inzar en todo o mundo. Aos ríos chegan ás veces acompañando plantas de acuario ou outra fauna". Do mesmo xeito, lembra casos en que só a intencionalidade humana pode explicar a introdución de novas especies no nos hábitat. "A perca sol veu o a través dun acuario ou pola man de alguén, coma o caranguexo americano. Soltouse a conciencia, e neste caso nin sequera por pescadores, xa que esta perca non ten aproveitamento ningún. É xente que non entende ben como funciona a natureza e solta animais".
Perigos futuros
Desde a Federación Ecoloxista Galega Martiño Nercellas, vocal de Biodiversidade, apunta aínda outro caso que se descubriu recentemente. "Estase a ver que hai moitos exemplares de sobreiras en zonas nas que aínda se practica a extracción de cortiza que están a podrecer", explica. Esta situación dáse por exemplo no Sobreiral do Arnego, no Deza, e está motivada pola enfermidade coñecida coma o Chancro Carbonoso. Este mal está motivado por un fungo e ata o momento só lle afectaba a esta especie cara a zona de Estremadura e mais no Sur de Portugal. "Pénsase que as esporas puideron vir desde Portugal nas ferramentas que se empregan para retirar a cortiza de xeito artesanal", completa. Canda a isto, Nercellas sinala o perigo de novas especies que se están a introducir con intereses alimentarios acaban invadindo tamén os nosos ecosistemas. É o caso, por exemplo, da Undaria Pinnatífida, unha alga do Pacífico que está a ver os seus primeiros cultivos experimentais na zona de Muxía e que se emprega para ensaladas. "Está a se introducir unha especie que entrou accidentalmente noutros lugares e que se comprobou que era un auténtico desastre", denuncia Nercellas, que lembra tamén que esta alga está xa presente por toda a costa do Cantábrico. Aínda que é posible que estes cultivos se manteñan baixo control, a situación dános a idea de como o proceso de introdución de especies foráneas é dinámico e que non podemos dubidar, nesta era de globalización, que encontraremos novas plantas e animais que cheguen desde fóra ata os nosos ecosistemas.