Cultura apoiará a edición de Prado en galego mentres se edita "Ratas" de Xaquín Marín e Faktoría K adianta os seus novos proxectos

Avalancha de BDs

O vindeiro outono verá a luz en galego unha selección de historias da serie de banda deseñada "Quotidiania delirante", de Miguelanxo Prado. Esta edición correrá a cargo da editora Faktoría K e contará coa apoio da Consellaría de Cultura. Ao tempo, esta firma anunciou os vindeiros títulos que se publicarán dentro da colección "BD Banda", tamén cara a finais de 2006. Trátase de "Os amigos de Archimboldo Roque", do vigués Jacobo Fernández e de "María Misterio", unha serie que vira a luz en catalán da man de Bernardo Vergara e de Javier Olivares. A coincidir con estes adiantos, o pasado venres presentábase ao público a edición galega do álbum "Ratas", de Xaquín Marín. Este título, publicado pola editorial ferrolá Embora, recupera a versión orixinal dunha obra histórica que saíra á venda nunha única edición en español en 1977.

Máis información no web da Xunta, en Diario de Ferrol a nosa ficha sobre Ratas; a nosa ficha sobre BD Banda; todas as novas de BD no noso soportal