Unha complexa ambientación futurista. Un coidado deseño. Unhas miniaturas de primeira. Un regulamento áxil. Máis de dous mil fans. "Infinity" é un produto que poderÃa provir de calquera grande firma de xogos de mesa, pero a súa orixe está moito máis próxima de nós. Desde Cangas, a empresa Corvus Belli está a coñecer o éxito internacional cun xogo de factura propia.
Tres séculos no futuro, a humanidade conseguiu sobrevivir ao cambio climático, ao perigo nuclear, ás enfermidades, e domina a viaxe interplanetaria. Unha grande Intelixencia Artificial organiza boa parte da vida nos diferentes mundos habitados. Varios bloques con intereses polÃticos e económicos contrapostos combaten pola supremacÃa. PanoceanÃa é o lÃder mundial do momento, pero non lle anda lonxe o bloque oriental Yu Jing. Tamén xoga na polÃtica interplanetaria Haqqislam, unha facción que recuperou os principios ilustrados da cultura musulmá. Os colonos do espazo exterior agrúpanse baixo o nome de Ariadna, e aÃnda existe un grupo de desherdados e de librepensadores que vagan pola galaxia e son coñecidos coma os Nómadas. E todos estes bandos teñen que se enfrontar á ameaza dunha invasión alienÃxena que ten detrás a súa propia intelixencia artificial. Este é o complexo mundo no que se desenvolve "Infinity", un xogo de miniaturas feito desde Cangas que está a conseguir un considerable eco a nivel internacional.
Tiros sobre a mesa
A idea do xogo basicamente e representar combates entre pequenos continxentes armados de todas estas faccións. Máis ou menos do mesmo xeito que se fai cun xogo de estratexia de ordenador, pero sobre unha mesa, con pequenas miniaturas metálicas e elementos de escenografÃa. Segundo nos explica Fernando Liste, un dos creadores deste produto, "a primeira idea chegou ao ver o que faltaba no mercado. Pensamos que non habÃa un bo xogo de ciencia ficción". As faltas que detectaron os veteranos xogadores que integran Corvus Belli Ãan desde o mundo de contexto ("todo o que habÃa no mercado tendÃa a ambientacións góticas ou ciberpunk e non nos convencÃan") ata as propias regras ("fixemos un regulamento que rachou bastante cos que habÃa, e semella que a xente responde ben", lembra Liste). Entre as novidades con máis éxito está o feito de que Infinity elimina en boa medida o funcionamento por quendas, que tradicionalmente impide a un xogador desenvolver accións mentres o contrario actúa coas súas tropas.
A creación galega
O xogo veu precedido dun prolongado traballo de elaboración con vistas a maximizar as súas posibilidades no mercado. "Foron case tres anos de traballo na sombra", lembra Liste. "A ambientación baseouse nunha banda deseñada que tiñan pensado facer Alberto Abal e Gutier Lusquiños, dous dos participantes na elaboración do xogo. Logo para a imaxe tiramos cara ao manga estilo Masamune Shirow e o manga americano, con moitos hologramas, armaduras lisas e deseño futurista". Ao final, recoñece que se conseguiu facer unha amalgama dos gustos e dos intereses do equipo que participou na elaboración do xogo, pero non dubida en sinalar a exhaustiva preparación para explicar o éxito que está a ter o produto. "Funciona porque fomos con bastante forza e tÃñamos unha planificación seria, e iso axudou a entrar nun mercado saturado como é o dos xogos de miniaturas". En total, doce persoas participaron na elaboración e no lanzamento deste proxecto. Tirando as ilustracións e a colaboración dun escultor francés para elaborar algunhas da miniaturas, "todo o traballo se fai aquÃ", sinala Liste. Non é de estrañar entón que no xogo se encontren algunhas pegadas das súas orixes galegas. "Hai unha tropa que se chama Os Irmandinhos, que na realidade son galegos que emigraron no futuro e quedaron illados nun planeta hostil onde a supervivencia é bastante difÃcil", recoñece este empresario. AÃnda que a información sobre este curioso colectivo, especializado en contrabando, completarase no futuro, xa se pode coñecer no web algún dos seus membros, como UxÃa Mc Neill e a súa escopeta "Ramona".
Un produto internacional
En todo o lanzamento do produto a rede xogou un papel fundamental. "Internet é a ferramenta clave para que agora mesmo unha empresa situada en Galicia poida saÃr ao mercado mundial", lembran desde Corvus Belli. A contratacións dos ilustradores chineses e xaponeses, o escultor e o deseñador de Francia, e mesmo os contactos coas revistas internacionais, as tendas e os distribuidores do medio conseguÃronse a través de Internet. Tamén foi a través da rede como se presentou o regulamento deste xogo. "Queremos lanzar o regulamento en formato libro, pero cando lanzamos as miniaturas vimos que non chegábamos a tempo e optamos por colgar o regulamento na rede en PDF", recoñece Liste. É con estas regras, canda á calidade das miniaturas do xogo, que conseguiron enganchar unha considerable masa de xogadores. "Isto tamén nos sirve, cos comentarios que fai a xente, para pulir algunhas regras ou tentar explicar mellor determinados aspectos. De calquera xeito, están basicamente pechadas, desenvolvemos un traballo de test de dous anos antes de as publicar".
Xogadores implicados
"É difÃcil dicir canta xente xoga a `Infinity´. Calculando a partir das vendas de miniaturas podemos falar de 2000 ou 3000 clientes. E logo no foro, que é onde se encontra a xente máis activa, temos uns cincocentos usuarios rexistrados", apuntan desde a empresa. E debemos ter en conta que este éxito se desenvolveu practicamente en seis meses. "Lanzamos o xogo en decembro, e non conseguimos chegar ás tendas ata xaneiro, co que perdemos moitas vendas de Nadal", lembran. "AÃnda que somos descoñecidos aÃnda en moitos sitios, nótase que os xogadores se meten moi a fondo, e hai xa un lote de relatos que os afeccionados fan sobre `Infinity´ e xente que presenta escenarios para batallas". Tamén apareceu xa o primeiro fanzine na rede dedicado exclusivamente a este universo, desenvolvido por algúns dos xogadores que participaron nas probas dos xogo canda a outros afeccionados. E todo isto, lembremos, antes de que se publique o manual de xogo.
Futuro para o futuro
"A idea é publicar un manual de duascentas páxinas ao tempo en inglés, francés, alemán, castelán e italiano", sinala Fernando Liste. O libro, que sairá nos vindeiros meses, amosará en profundidade o complexo escenario no que se desenvolven as batallas, detallando as caracterÃsticas das diferentes tropas e as regras de combate.
AÃnda que o xogo lles leva boa parte das súas enerxÃas, Corvus Belli continúa co seu traballo de produción de miniaturas históricas e de fantasÃa para outros xogos. Foi precisamente a experiencia acumulada neste campo, no que xa levan seis anos, o que lles permitiu en boa medida coñecer o mercado deste tipo de produtos e darse a coñecer a nivel internacional. Na actualidade teñen xa case a punto o novo web dedicado ao xogo e, se a cousa vai ben, a empresa baralla a posibilidade de tirar algún novo volume completando información sobre o universo do xogo. Pode ser este o comezo dunha andaina ata o infinito.