Concienciar a cidadanía sobre a necesidade de protexer o noso patrimonio histórico será o obxectivo da nova campaña da Consellaría de Cultura. A titular deste departamento, Ánxela Cultura, anunciaba onte esta proposta nas xornadas que sobre "Conxuntos históricos, propiedade privada e patrimonio público" se están a celebrar desde onte na Illa de San Simón. Neste mesmo encontro, o fiscal xefe de Galicia animou onte os cidadáns a denunciar as agresións a estes bens, e lamentou a escaseza de demandas fronte ao grande número de delitos que se cometen neste sentido.
Máis información noweb da Xunta e en Faro de Vigo