A Coruña acolle a terceira edición do festival Manicómicos mentres Compostela verá un novo Festiclown

Os pallasos son para o verán

15/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hai que aproveitar o verán para botar unhas risas. Polo menos, propostas neste sentido hai abondas. A Asociación Cultural Manicómicos, por exemplo, presentaba onte na Coruña a terceira edición do Festival homónimo. Este evento desenvolverase na primeira quincena de xullo e achegará cómicos internacionais da altura de Leo Bassi, Pierre Byland e Familie Flöz, entre outros. E en acabando este festival, comeza en Compostela, o trinta e un dese mesmo mes, o veterano Festiclown, onde tamén estará Leo Bassi canda a outros pallasos coma Jango Edwards.

Máis información en La Opinión e web do Festiclown

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, La Opinión, Santiago de Compostela

Claves

Entidades