Medos Romero faise co González Garcés de Poesía mentres o CESGA ve recoñecido o seu traballo de achegamento ao público

De versos a bits

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O premio de Poesía González Garcés, que organiza a Deputación da Coruña, foi nesta edición para Medos Romero. A autora das Pontes viu recoñecido o seu poemario "O pozo da ferida", que ten como tema principal o maltrato. Ao tempo, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) recibía onte o premio Computerworld 2006 ao impacto cidadán. Este galardón, concedido polo semanario do mesmo nome, recoñece o esforzo desta institución por mellorar a calidade de vida dos cidadáns mediante as novas tecnoloxías.

Máis información en La Voz de Galicia, no web da Deputación, e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Medos Romero, Poesía, La Voz de Galicia, Centro de Supercomputación de Galicia...