Rinoceronte Editora lanza o seu novo libro simultaneamente en papel e para descarga de balde en Internet

Rinoceronte dixital

“O condutor de autobús que quería ser Deus”, novo título de Rinoceronte Editora, poderá descargarse íntegro da web do editor (en formatos RTF ou PDF). Segundo un comunicado da editorial espérase que esta iniciativa non só non reduza as vendas do libro impreso, senón que as aumente grazas aos lectores que se asomen ao texto electrónico e que despois desexen telo en papel. O libro, do autor israelí Etgar Keret, e traducido polo vigués residente en Palestina Moncho Iglesias, é a primeira obra que se verte do hebreo ao galego.Etgar Keret é un dos escritores máis populares de Israel. A súa obra literaria traduciuse a 16 linguas. Esta obra publicouse por primeira vez en hebreo en 1998. Nos catro contos e a novela curta que compoñen o libro, o autor escribe, cun sentido do humor absurdo e cheo de ironía, as historias de xentes confusas e deliberadamente non épicas que viven no contorno de Tel Aviv.

Máis información en Rinoceronte