Estamos afeitos a ver unha exposición desde o momento no que se inaugura. Cando xa os cadros están colgados no seu sitio exacto, as instalacións pensadas para provocar determinadas reaccións e todo está no lugar no que debe estar. Pero antes de cada exposición existen varios anos de traballo e un equipo de persoas que traballan na sombra. Un traballo silente que iremos descubrindo da man de Tono Carbajo. O artista explica a fase de montaxe de “Escenas, cadrados negros e outros enlaces”, a mostra que hoxe inaugura o Centro Galego de Arte Contemporánea.
Pensar unha exposición, crear as obras de arte, transportalas, colocalas, axustalas ao espazo... é un traballo “in crescendo” que vai subindo de ton a medida que se achega a data da inauguración. Hoxe é un día de festa no CGAC, pola mañá rolda de prensa e pola tarde inauguración pero hoxe, é a punta do iceberg que para Tono Carbajo supuxo “máis dun ano de traballo que aínda continúa”. Tono fala para Culturagalega.org en pleno proceso de montaxe da exposición, cando hai moitos cabos por atar (ultimar algunhas obras, decidir algúns emprazamentos, rematar o catálogo...) e cando o tempo vai na súa contra. Sen embargo aténdenos coa sorprendente tranquilidade e amabilidade dun artista que está a piques de inaugurar por primeira vez unha mostra individual no Centro Galego de Arte Contemporánea. Ademais, supón o reto de que un artista se achegue con sinxeleza á explicación da parte menos artística da súa obra, o seu propio proceso de produción.
A casa polo tellado
A orixe de todo pasa polo momento no que Miguel Fernández Cid lle propón a Tono Carbajo facer unha exposición no CGAC. “Co cambio do director, explica o artista, falei con Manuel (Olveira) por se non quería manter a programación”. O novo director do CGAC visitou o taller que Tono ten en Barcelona e, non só mantivo a planificación anterior, senón que ampliou o espazo expositivo da mostra.
Case ao mesmo tempo que Tono decidía iniciarse na aventura, falou con Xosé Manuel Lens por se lle apetecía ser o comisario desta mostra. Para Lens foi “unha sorpresa e un grande privilexio, porque supuña achegarme ao artista, a ver o seu traballo nunha dimensión máis ampla”. Lens explica que o papel dun comisario é “como o dun guionista dunha película, un traballo compartido”.
“No momento no que se decide a exposición, explica Tono, comecei a pensar no que quería contar, no propio espazo no que se ía exhibir e tentei facer un diálogo”. Esta é a primeira fase, a documentación, o traballo de material gráfico, de localización, de búsqueda de fase previa de pensar a obra. E esta fase previa, sempre longa e traballosa, como explica Tono, redunda en que o 75% das pezas que se exhiben hoxe foron creadas especificamente para este espazo. Lens afonda máis neste aspecto “tentamos buscar unha “tese”, unha conexión co museo e saíron moitas, a paisaxe, o concepto entre o interior e o exterior, a privacidade, a colectividade, as cidade fronte a periferia, as marxes da cidade...” Tono explica que “nesta primeira fase entra a localización de espazos e das persoas que van saír, do tratamento dixital da imaxe que é un dos traballos que máis me gustan pero tamén un dos máis lentos e traballosos”.
Mentres Tono estaba en Barcelona ideando o seu traballo, Xosé Manuel estaba en Santiago vendo a súa obra e seleccionando as obras realizadas nos tres últimos anos. “Non queriamos que fose nin unha retrospectiva, nin unha homenaxe, nin nada parecido”. Por iso, a maior parte da obra que se pode ver nesta mostra foi creada a propósito para esta ocasión. Sen embargo, existe tamén unha escolma de pequenas pezas realizadas nos últimos tres anos para reforzar algunhas das ideas que se queren expresar.
Crear a obra
Rematado o traballo dixital pasouse a unha segunda fase moi conceptual, relacionada coas imaxes, nas que Tono recupera material físico (mobiliario, portas, cristais....) tanto do barrio barcelonés do Eixample como do lugar no que está o CGAC e que se poden ver na propia exposición. Xosé Manuel explica que Tono traballa na súa obra coa memoria, cos vestixios, coas reciclaxe daqueles obxectos que a xente tira para construír con eles novas premisas e abrir novos interrogantes.
Pintura, escultura, fotografía... Tono Carbajo traballa con múltiples materiais para poder ofrecer o seu propio universo simbólico. E na representación das súas ideas traballa solo. “Eu estiven só no meu trabalo, agás nas últimas cinco semanas, nas que as obras comezan a adquirir unhas dimensións tan grandes, que era practicamente inmanexable e precisei dun axudante”. Ademais, Xosé Manuel Lens ofrece outra clave ao explicar que “é a primeira vez que Tono traballa con materiais tan amplos”. Ademais, nos traballos con vídeo que se poden ver na mostra, Tono botou man de dous especialistas Belén Montero e Juan Lesta.
A obra no seu contexto
“Sobre o mes de abril, explica Xosé, pechamos unha listaxe de obras que formarían parte da presente exposición e sobre ela fomos traballando, ata ter a relación de obras definitivas”. Unha vez que sabían que obras formarían “Escenas, cadrados negros e outros enlaces”, houbo que facer o traslado desde Barcelona, desde as casas dos coleccionistas privados e mesmo desde centros como o Artium, o Centro-Museo Vasco de Arte Contemporáneo, onde estaba a obra de Tono Carbajo.
Existe unha constante na súa obra, que é o feito de que todo ten unha correspondencia, que existen vínculos entre as propias obras, entre as súas propias teses. Pero moitas desas correspondencias descubrímolas visitando a montaxe co propio artista. “Hai unha serie de chiscadelas, que están pensados para o seu propio espazo e que son moitas veces elementos repetitivos”. Por poñer un exemplo, as mesas que están penduradas das paredes do CGAC fan un xogo de espazos coas mesas invertidas da planta alta. “Son obras moi pensadas para o seu propio espazo”. Características que son posibles grazas ao propio feito de que Tono traballa a “obra como un conxunto, onde unha peza debe estar nun sitio concreto e non noutro, aínda que si poida haber intercambios, é como unha especie de taboleiro de xadrez”.
Pero a conexión co CGAC non foi só física, de amoldarse ao espazo, senón tamén humana. Tanto Tono como Xosé destacaron a implicación e a profesionalidade, así como o bo ambiente creado polos diferentes departamentos do CGAC (dirección, montaxe, restauración, publicacións, prensa...) para que todo estivera no lugar e coa precisión coa que tiña que estar.