Un pacto por unha herdanza de 1227 afiánzase como o documento en galego máis antigo dos escritos en Galicia

Novas actas de nacemento

Unha investigación do profesor Carlos Vázquez sobre o Mosteiro de Ferreira de Pallares tirou á luz o que resultou ser, polo de agora, o orixinal do documento máis antigo escrito en Galicia na nosa lingua. Segundo certificou o profesor Henrique Monteagudo, trátase dun pacto entre o abade deste cenobio e mais un matrimonio sobre unha herdanza, datado en 1227 e que presenta un encabezamento en latín. Dentro das súas investigacións sobre estes temas, Monteagudo sinala que está na pista doutro documento de febreiro do mesmo ano que se conservaría en Samos e ten por localizar outro referido a Melón que tería a data de 1223.

Máis información en La Voz de Galicia; o noso tema sobre os documentos máis antigos