Adivina leva ao cine a historia dun asasino en serie mentres Voz Audiovisual busca actores para un filme protagonizado por Carmen Maura

Novos proxectos

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hoxe comeza en Arxentina a rodaxe de “O neno de barro”, a segunda longametraxe de Adivina Produciones, despois da boa acollida de “Un franco, 14 pesetas”. A película está baseada na historia de Petiso Orejudo, alcume de Cayetano Santos, un coñecido asasino en serie que aterrorizou a cidade de Bos Aires a principios do século XX. A longametraxe, que guioniza Héctor Carré, conta coa participación de actores como Chete Lera. Máis preto, Vídeo Voz iníciase na longametraxe con “O menor dos males”, película protagonizada por Carmen Maura. A división audiovisual de “La Voz de Galicia” acaba de convocar unhas probas de selección para completar o elenco de actores desta produción.

Máis información no web de Adivina e sobre “O menor dos males” en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Cine, Voz Audiovisual, Héctor Carré...