Seis de cada dez familias galegas teñen problemas para chegar a fin de mes

Cadrando números

Chegar a fin de mes é unha odisea para seis de cada dez familias galegas. É dicir, unhas 68.000 familias teñen graves apuros para estirar os seus soldos e facelos chegar a fin de mes. E así o revela a "Enquisa das condicións de vida das familias" que elaborou o Instituto Galego de Estatística. Un estudio que, pola contra, revela un crecemento dos ingresos dos fogares un 18% desde 1999.

Moitos pobres

Os datos que revelan a última enquisa, sobre condicións de vida das familias, do Instituto Galego de Estatística, son pouco alentadores. A día de hoxe existen en Galicia 68.800 familias que teñen graves apuros para poder chegar a fin de mes. Son as que están no "umbral da pobreza", nome que lle da a Xunta de Galicia a aquelas familias que contan con ingresos inferiores a 543 euros ó mes (que ven sendo unhas 90.000 pesetas). Pero dentro deste grupo aínda existen grandes diferencias entre eles, de feito, deses 68.800 familias, unhas 1.700 (que se corresponden cun 0,64%) viven en "extrema pobreza". E isto levado a números reais, quere dicir que teñen uns ingresos mensuais que non superan os 271,5 euros (unas 45.175 pesetas).
A enquisa, elaborada cunha mostra formada por 6.304 vivendas, ponlle números e porcentaxes propias a esta situación. De feito, só o 1,41 % afirma chegar a fin de mes con moita facilidade; un 38,71% faino con facilidade, o 45,89% di que chega con dificultade e unha elevada porcentaxe dun 13,99, asegura facelo "con moita dificultade".
Se lle botamos un ollo ós datos desa enquisa, podemos apuntar o resultado por provincias. Ourense (cun 10,48%) é a provincia na que máis xente vive por debaixo do umbral da pobreza, seguida da Coruña (7,41%), Lugo (6,92%) e Pontevedra (6,74%). Sen embargo, se nos fixamos nesa procentaxe do 0,64% que aseguraba vivir en extrema pobreza, temos que, por provincias, sitúase Lugo á cabeza (cun 0,91%), seguido de Pontevedrae Ourense (cun 0,63%) e por último A Coruña (cun 0,59%).











Pero o salario medra


A enquisa sobre calidade de vida tamén recollía datos sobre os salarios. Unha situación que completaba o panorama sobre o perfil da situación económica galega. Malia que os datos sitúan nun panorama pouco alentador a calidade de vida, os salario s creceron un 17,83% con respecto ó último mes. Así, pasouse de 1.097 euros (unas 182.000 pesetas) a 1.293 euros(215.214 pesetas).
Por provincias, foi Pontevedra a que acaparou maior número incremento dos salarios cun 24,45%, seguido de Ourense cun 15,45%, Lugo 14,44% e, por último, da Coruña cun 14,24%.
Nese mesmo estudio tamén se fai fincapé nas condicións de traballo, no que a maior parte se sinte satisfeito (60.55%) e moi satisfeito (10,23%). Un 13,31% declárase insatisfeito, un 2,82% moi insatisfeito e un 13,09 indiferente.