Rafael Otero NovÃo é o director creativo do estudo “Arquitectos Asociados”, o equipo encargado de realizar “Novos espazos habitables”. El define esta idea como “un proxecto que desenvolvemos para descubrir novas fórmulas de xerar espacios nos que se poida vivir. Pero non só para vivendas, senón tamén para oficinas, para servizos”. Rafael non fala xa do deseño tradicional ou da propia estética do edificio, senón dos materiais que emprega para facer realidade ese proxecto. Por iso, na procura desas novas materias primas conta coa axuda da Xunta a través de fondos de Investigación e Desenvolvemento (I+D)
Construcion e mantemento económico
Ademais da premisa do abaratamento de custes, “Novos espazos” pretende tamén ofrecer un novos concepto de sistema habitable. Ambas ideas conxúganse na reciclaxe de colectores marÃtimos. Unha idea que non é nova, dado que xa se empregou en varios paÃses europeos, sobre todo nos que están próximos ao transporte marÃtimo como Holanda. De todos os xeitos, cómpre indicar que o estudo compostelá ofreceu a súa tecnoloxÃa propia para optimizar a súa habitabilidade a un prezo moi reducido. Nas memorias do proxecto desglósanse as caracterÃsticas dun módulo: cada colector ten de 16 a 30 metros cadrados de superficie, cunha altura de 2.85 metros e poden amontoarse ata trinta destas caixas.
Entre os obxectivos deste tipo de construción estaba o de buscar novos materiais que supuxeran un abaratamento da vivenda. Conseguiuse, xa que segundo a memoria económica, o prezo por metro cadrado é de 200 euros. Pero non só queda aÃ, a idea de Arquitectos Asociados é que non só a construción sexa máis económica, senón que manter esa vivenda sexa tamén máis barato. Para iso, existe todo un equipamento enerxético renovable (enerxÃa solar e eólica) para o mantemento diario da vivenda. Deste xeito, as propias vivendas autoabastécense enerxeticamente de tal xeito que resultan moi económicas.
Visite piso piloto
Para os que non estean moi convencidos de que un colector marÃtimo se poida converter nunha casa ou nunha oficina, a partir de hoxe pode verse o “Centro rural agrupado”, que é a sede do propio proxecto e que hoxe abre as súas portas en Marrozos (a tres quilómetros de Santiago). Trátase do prototipo, un edificio que inclúe desde unha vivenda, unha piscina, un spa, unha cafetarÃa e ata as oficinas do proxecto. O complexo está pensado para albergar aos diferentes equipos de traballo que conforman “Novos espazos habitables”. Rafael explica que detrás de Arquitectos Asociados “hai un taller de arquitectura, outro de aparelladores, un de imaxe e mesmo unha pequena produtora que se encarga de dar a coñecer o seu traballo, iso si, todo un equipo acabado de saÃr da facultade, sen experiencia e que se puxeron a traballar”.
O prototipo que se inaugura hoxe é o resultado de varias fases de traballo. O primeiro paso consistiu na localización e compra dos colectores de transporte marÃtimo, unha vez que rematou a súa vida útil no mar. Marcáronse no porto de Gixar, en Vigo e foron transportados ata unha nave para a súa posterior revisión e manipulación. A segunda fase foi a de comprobar o seu estado real,corrixir todas as deficiencias e proceder á súa desinfección total. Unha vez limpos, comezou a súa limpeza de óxidos mediante un lavado con area a presión, continuando cunha imprimación sobre os propios colectores. Por último tivo lugar a agrupación e ensamblaxe dos caixóns.
Múltiples posibilidades
A primeira fase do proxecto, que é a que hoxe se presenta publicamente, é o resultado de cinco anos de traballo e centrouse en conseguir que os colectores fosen habitables e que fosen interconectables entre si. Pero evidencia que existen múltiples aplicacións para este modelo.
Dunha banda poderÃanse crear complexos dotados de todas as facilitades da vida moderna en aldeas abandonadas en pleno monte e traballar con total autonomÃa. Doutra banda, poderÃa servir de proxecto exportable para outros lugares do mundo. De feito, no dosier de presentación deste traballo, o conselleiro de Innovación e Industria explica que se vai a exportar este modelo a América Latina, “concretamente na construción de vivendas de primeira necesidade no Brasil, que substituirÃan ás tradicionais favelas. Tamén hai contactos para exportar o modelo a Santo Domingo, HaitÃ, Asia ou o leste de Europa, que serán os seguintes pasos neste proceso de exportación de tecnoloxÃa galega”.
Son moito máis que edificios, é unha nova concepción da vivenda, adaptada ás necesidades actuais de comunicación, coas comodidades ás que estamos acostumados, pero a prezos económicos. Haberá que agardar para ver se este novo modelo consegue abrirse un oco dentro dun mercado no que manda o ladrillo.
Novos Espazos Habitables
FASE-1 | COMPRA E TRANSPORTE
Os contenedores elixense no Porto de Gixar en Vigo. Unha vez seleccionados transportanse a Santiago, quedando depositados na nave de construccións metalúrxicas Galanas S.L., onde se procederá á súa revisión e manipulación.
Novos Espazos Habitables
FASE-2 | REVISIÓN CONTENEDORES
Os contenedores son sometidosa unha revisión para verificar o seu estado real, e subsanar tódalas súas deficiencias. Previamente a calquera manipulación, procédese a unha desinfección total dos mesmos.
Novos Espazos Habitables
FASE-3 | ACTUACIÓN EN CONTENEDORES
Comprende as actuación sobre os contenedores
Limpeza de óxidos mediante un lavado con area a presión ou granallado, posteriormente se realiza a aplicación de dúas capas de imprimación de protección e finalmente a aplicación de dúas capas de pintura de dous compoñentes.
Novos Espazos Habitables
FASE-4 | RESULTADO FINAL
Vista da agrupación final dos contenedores
Novos Espazos Habitables
FASE-4 | RESULTADO FINAL
Vista final dos contenedores
Novos Espazos Habitables
FASE-4 | RESULTADO FINAL
Vista final dos contenedores
Novos Espazos Habitables
FASE-4 | RESULTADO FINAL
Vista final dos contenedores
Novos Espazos Habitables
FASE-4 | RESULTADO FINAL
Vista final dos contenedores
Neste documento tes máis información sobre “Novos Espazos Habitables”, o proxecto do taller de arquitectura “Arquitectos Asociados”.