Exactamente catro anos despois da súa elección coma presidente da Real Academia Galega, ás doce da mañá de hoxe formalizouse a demisión de Francisco Fernández del Riego como presidente da Real Academia Galega (RAG). Ábrese agora un período de transición baixo a presidencia interina de Constantino García e despois iniciarase unha elección para a que soan fundamentalmente os nomes de Xosé Ramón Barreiro e de Constantino García. O vindeiro presidente deberá enfrontarse á cuestión máis candente para a Academia nos últimos anos: a reforma normativa. Onte a Coordinadora de Traballadores para a Normalización Lingüística (CTNL) e a Asociación Galega de Editores fixeron pública a súa opinión a favor da reforma normativa.
A demisión e a sucesión
A xuntanza que mantén hoxe a partir das doce da mañá a RAG na súa sede da coruñesa rúa Tabernas, acollerá a demisión do actual presidente, Francisco Fernández del Riego cando se cumpren exactamente os catro anos regulamentarios do seu mandato.
Del Riego, escollido presidente o 29 de novembro de 1997, atribúe ó cansazo a súa decisión, e nega a posibilidade de presentarse á reelección como prevén os estatutos da insticuón.
Logo da demisión, o actula secretario da Academia, Constantino García, asumirá a presidencia interina, mentres que Xosé Ramón Barreiro, Antonio Gil Merino e Luz Pozo Garza, restantes membros da directiva, pasarán a desenvolver os seus cargos en funcións.
Ábrese agora un período dun mes para a presentación de candidaturas, estando previsto nos estatutos que o prazo de elección non exceda os tres meses. Fontes da propia Academia sinalan que se lle quere dar a máxima celeridade á renovación da directiva e que é moi posible en xaneiro se realiza a votación.
Cada candidato debe ser presentado por tres académicos ó plenario e el á súa vez debe propor os membros da directiva, formada por vicepresidente, secretario, tesoureiro e bibliotecario.
Un dos nomes que soa con máis insistencia, tanto desde diversos medios como desde os propios académicos, é o do actual vicepresidente, o historiador Xosé Ramón Barreiro, do que se destaca o seu traballo de apoio á xestión aperturista de Del Riego. Por outra banda, outro candidato que se daba case por seguro, Constantino García, declarou onte a Europa Press que non se vai presentar á presidencia, aínda que foi o principal rival de Del Riego na súa elección.
Outro desmentido que se fixo onte foi o da candidatura de Carlos Casares, que ó ser presidente do Consello da Cultura Galega non pode aspirar ó cargo. Casares avogou por unha candidatura "de consenso" e insistiu en que non se presentará ó cargo.
A cuestión da norma, desde a Academia
Se onte era Andrés Torres Queiruga que propuña en "La Voz de Galicia" a apertura dunha etapa "discusión teórica" sobre a reforma da norma, logo da cal a RAG tomaría unha decisión sobre a cuestión, hoxe coñecemos as opinóns de Del Riego e de Casares sobre esta cuestión.
Así, en declaracións ó suplemento "Revista das Letras" de "O Correo Galego", o recén demitido presidente da RAG sinala sbore a reforma qu e"haberá que facela e terá que ser nun momento determinado". Del Riego recoñece que "o que cómpre para unha normativa é incorporar á maior parte da xente, e a reforma parece que o conseguiría" e que "supoño que non tardará en revisarse".
A importancia do xeito en que proposta chegue á RAG é posta de relevo por Del Riego, que crre "que deberá facerse como unha iniciativa saída da propia Academia" que podería facer "as modificacións pertinentes" á proposta.
De calquera xeito, o veterán académico está convencido "de que se poderá atopar unha definición adecuada".
No mesmo sentido de que a Academia debe retomar o tema pronunciouse tamén onte Carlos Casares, que sinalou que esta cuestión dependerá da vindeira directiva, e precisou que "o feito de que o proxecto de reforma se presentase como intocable" provocou o rexeitamento de varios académicos, que mesmo ameazaron con demitir.
Reclamación do acordo
Na liña de pronunciamentos sobre a reforma normativa que se veñen facendo públicos nas últimas semanas, onte coñecemos a opinión da Asociación Galega de Editores e da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras para a Normalización Lingüística (CTNL).
Así, nun comunicado, a Asociación Galega de Editores salineta que a editoriais "padecemos gravemente a falta dun criterio ortográfico único" e apelan "á responsabilidade colectiva prar realizar un grande esforzo converxente".
Desde a CTNL, sinala que a RAG fixo que "o traballo de meses dos científicos da nosa lingua fose por terra", e "sen cuestionar en ningún momento a autoridade da Real Academia Galega, exponse a necesidade de que haxa unha norma aceptada por todos os sectores sociais" e cre que a Academia "debería reconsiderar unha revisión da proposta" e insta a todas as partes implicadas para que reinicien o proceso.