Os responsables da Unión Europea reuniranse en xuño na Coruña para decidir o reparto de fondos comunitarios en materia ambiental

Repartir os cartos

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
O 8 e 9 de xuño A Coruña acollerá unha xuntanza da Rede Europea de Autoridades Ambientais. Un encontro ao que asistirán os responsables dos 25 estados membros da UE e os representantes das comunidades autónomas do Estado. Entre os obxectivos da xuntanza está decidir o reparto de fondos europeos para o período 2007-2013 destinados a políticas ambientais. Durante a presentación das xornadas, o conselleiro nesta materia, Manuel Vázquez, asegurou que Galicia precisaría 300 millóns para cumprir as directivas ecolóxicas.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Unión Europea, Manuel Vázquez, La Voz de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares