“Ata mediados do século XX ninguén facÃa un seguemento das pezas que se vendÃan nos anticuarios”, conta o historiador da arte Jorge Guitián. Este feito fixo que detrás deles xurdira todo un mercado descontrolado que foi determinante para que boa parte das pezas máis valiosas da nosa historia se atopen hoxe fóra de Galicia. “É posible, continúa Jorge, que existan pezas artÃsticas que aÃnda estean sen identificar”. Existe ademais un segundo fenómeno que tamén incidiu neste aspecto, que foi o afán desmedido do franquismo por concentrar en Madrid (principalmente no Museo Arqueolóxico Nacional) todas as pezas que se Ãan atopando no Estado.
O prehistórico
Iniciamos o noso percorrido pola arte prehistórica. Comezamos coa “Diadema de Ribadeo”, unha obra que, segundo explica Jorge Guitián “é unha das pezas máis importantes da ouriverÃa castrexa”. Malia que durante moito tempo pensouse na súa procedencia de Ribadeo, o boletÃn do museo arqueolóxico e histórico da Coruña, “Brigantium”, asegura que “na actualidade aparece ben documentada a súa localización de orixe no principado de Asturias, aÃnda que preto do lÃmite e sempre dentro do que é o ámbito xeográfico da cultura castrexa”. Esta disputa sobre a súa orixe tamén condicionou o seu nome, xa que entre as múltiples denominacións tamén se lle chamou “Conxunto de Vega de Ribadeo”. Pois ben, atopáronse tres fragmentos que se supón que pertencen á mesma peza. Cada un deses anacos está nun museo diferente, asà que, quen a queira ver completa, ten que ir a tres centros, dous en Madrid e un terceiro en ParÃs. Dunha banda ao Museo Arqueolóxico Nacional e doutra ao “Instituto Valencia de Don Juan” en Madrid, mentres que a terceira peza desta obra está en Paris, no “Museo Saint Germain-en-Laye”.
Jorge explica que “a “Diadema de Ribadeo” é a peza máis relevante, pero non é a única. En Galicia atopáronse fragmentos de varias diademas-cintos dos que tres deles tamén se atopan fóra de Galicia, principalmente no Museo Arqueolóxico Nacional”. Non está moi claro a funcionalidade destas pezas, pero os expertos concédenlle varios usos, tanto adornos para o cabelo, pescozo ou perna, como utensilios para cinguir a roupa”.
Seguindo coa ouriverÃa castrexa temos que deternos nos torques. Existen dúas colección de torques no Museo Arqueolóxico Nacional. Unha desas series atopouse no lugar da Madorra, no Pazo de Pumares en Lugo. Segundo se explica Xosé Lois Landra nun artigo publicado polo BoletÃn do Museo Provincial de Lugo, “está formada por seis pezas, cinco delas de outro e unha de prata que foron adquiridas por un millón setecentas mil pesetas”. Sobre a segunda desas colección, non se ten ningún dato explÃcito sobre o seu lugar de procedencia, “aÃnda que segundo o mencionado artigo, si sabemos polo seu expediente de rexistro que foi adquirido polo estado español a través da Dirección Xeral de Belas Artes e do por aquel entón Ministerio de Educación Nacional en dous millóns centro e unha mil duascentas pesetas”. Explica Jorge que “unha parte significativa dos torques que se atoparon en Galicia enstán en Madrid, seguindo coa mesma polÃtica que fixo que a Dama de Elche tamén se atope nesta localidade”.
Pero quen sexa un apaixoado dos torques ten unha visita imprescindible en Londres, como non, no Museo Británico.
O traslado de obras de arte ou de achados realizados en Galicia foi denunciado no seu momento por xente da talla de FermÃn Bouza Brey, quen denunciou escribiu varios artigos na revista “Nós”, nos que denunciou o espolio que se estaba a facer co noso patrimonio.
A etapa medieval
“Resulta curioso comprobar como unha parte significativa da escultura medieval está fora” asegura Jorge Guitián, quen nos guÃa no noso percorrido ata o “Museo de Arte Frederic Mares” en Barcelona. É neste centro onde se atopa unha das colección de escultura máis importante de Europa, como é o conxunto escultórico de granito que estaba no tÃmpano da portada occidental da igrexa de San Lourenzo de Carboeiro (na provincia de Pontevedra). Esta peza volveu a Galicia no marco da exposición “Galicia no tempo” (1991) cuxo catálogo defÃnea como “un conxunto escultórico que representa unha “Maiestas” co tetramorfos”. Tamén en Barcelona, no “Museo de Arte de Cataluña”, existe outra peza de granito representativa da escultura medieval. Falamos do “Santiago sedente”, unha peza bastante grande (125 X 50 cm) que estaba na Capela de Santiago do Burgo de Pontevedra.
Na escultura medieval tamén temos que volver a Madrid, porque é no Museo Arqueolóxico Nacional onde están depositadas outras pezas relevantes. Dunha banda o Cristo da antiga portada da igrexa de Santiago (en Vigo) e varias pezas escultóricas do convento de Antealteares.
Tal e como acontece coa Dama de Elxe, máxima representación da arte ibera e actualmente en exposición na localidade na que se atopou, algunhas destas pezas só regresaron a Galicia a través de exposicións. A máis destacada de todas elas foi a que se organizou no ano 1991 en San Martiño Pinario, “Galicia no tempo”, grazas á que se puido ver boa parte das esculturas aquà mencionadas.
Coñece e localiza as pezas
Diadema de Ribadeo. Museo Arqueológico Nacional (Madrid)
Cultura Castrexa. Ca. S. III a.C.
ExtraÃdo do catálogo da exposición “Galicia no tempo”
Coñece e localiza as pezas
Diademas- Cinto castrexas
1. Elviña
2. Tesoro Bedoya (reverso)
3. Colección Soto Cortés (¿Cangas de OnÃs?)
4. Vega de Ribadeo I
5. Vega de Ribadeo II
6. Imaxes de Moñes.
Fragmentos A,B e C da Diadema de Ribadeo no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid)
Fragmentos D, E e F da Diadema de Ribadeo no Museo de Saint Germain-en-Laye. (ParÃs)
Fragmento G da Diadema de Ribadeo no Instituto Valencia de Don Juan (Madrid).
ExtraÃdo de “Brigantium. BoletÃn do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña” (Volume 14)
Coñece e localiza as pezas
Conxunto de A Madorra.
Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid). FotografÃa de ángel MartÃnez Levas, dos Servizos fotográficos do Museo.
ExtraÃdo do “BoletÃn do Museo Provincial de Lugo”. Volume VIII
Coñece e localiza as pezas
Conxunto de procedencia descoñecida.
Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid). FotografÃa de ángel MartÃnez Levas, dos Servizos fotográficos do Museo.
ExtraÃdo do “BoletÃn do Museo Provincial de Lugo”. Volume VIII
Coñece e localiza as pezas
TÃmpano da portada occidental da igrexa de San Lourenzo de Carboeiro (Pontevedra).
Atópase no Museo de Arte Frederic Mares (Barcelona). A peza da esquerda é unha reproducción do orixinal que se conserva no Mosteiro de Carboeiro
Granito.
80.5X 30 X 18.5 cm
ExtraÃdo do catálogo da exposición “Galicia no tempo”
Coñece e localiza as pezas
Santiago Sedente.
Procedencia: Capela de Santiago do Burgo (Pontevedra). Atópase no Museo de Arte de Cataluña (Barcelona)
Granito con restos de policromÃa
125X50 cm
ExtraÃdo do catálogo da exposición “Galicia no tempo”