Francisco Fernández del Riego cesará mañá coma presidente da Real Academia Galega como anunciara, logo de catro anos de xestión e no medio do trebón de críticas que está a sufrir esta institución. A marcha de Del Riego correspóndese ó seu desexo de "descansar" e estaba xa anunciada desde o pasado verán. Coincide esta marcha cun avivamento da polémica sobre a reforma normativa coa publicación dun artigo do académico Andrés Torres Queiruga propondo a apertura dun período de discusión e coa publicación de novos escritos criticando a institución.
A retirada de Del Riego
Tal e como viña anunciando desde hai varios meses, o actual presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, deixa na sesión de mañá deste institución o seu posto logo de catro de actividade.
Del Riego sinala que o abandono do seu cargo obedece unicamente ó cansazo logo dunha xestión que el mesmo califica como "satisfactoria" e intensa.
Un dos labores máis destacados do seu período coma presidente foi a elaboración e aprobración dos estatutos da institución que renovaron o xeito de funcionar desta entidade por primeira vez desde 1906. Entre as renovacións incluídas estivo a de que o cargo de presidente deixase de ser vitalicio e houbese que facer eleccións cada catro anos.
Ademais, Del Riego promoveu a incorporación de académicos que tiñan pendente desde había anos a lectura dos seus discursos de ingreso e acelerou a elección de once novos membros ata acadar o número actual de trinta, restando só tres prazas baleiras. Tamén se realizou a catalogación do arquivo da institución e a restauración do museo Pardo Bazán.
Despois do cese de mañá abrirase un prazo de interinidade durante o cal o actual secretario da institución, Constantino García, ocupará a presidencia, e porase en marcha o proceso de elección dun novo presidente, que terá que ser presentado por tres académicos para pasar despois á elección no plenario.
Como futuros candidatos, aínda sen confirmar, barállanse os nomes de Xosé Ramón Barreiro Fernández e de Constantino García, que xa se presentara á presidencia canda Del Riego.
O proceso de elección podería estar rematado en xaneiro, xa que desde a institución insístese moito na necesidade de que o proceso sexa rápido.
Unha proposta de diálogo desde a Academia
O académico Andrés Torres Queiruga publica hoxe en "La Voz de Galicia", un artigo no que analiza a cuestión da reforma ortográfica desde o punto de vista da Academia, desvela a súa posición persoal e propón a apertura dun proceso de debate arredor da reforma normativa.
Así, Torres Queiruga insiste en que, ó seu ver, o fallo principal da proposta de reforma foi o obrigar á Academia a "optar entre todo ou nada", xa que "unha institución que ten, no seu campo, a última responsabilidade da lingua, non pode ser posta nunha alternativa dese tipo".
Para o académico, non se xogaba na xuntanza da RAG "un problema científico senón de oportunidade ou de economía lingüística". Queiruga revela no seu artigo a súa postura na xuntanza do sábado dezasete, sinalando que "entrei decidido a votar si; pero a discusión resultoume tan intensa e a opción tan precipitada que, en conciencia, non me sentín autorizado a decidir: fun un dos que votaron en branco".
No seu artigo, Queiruga sinala que ó seu ver o debate non está pechado e que "a concordia era o primeiro; estaba xa aí, coas normas acatadas oficialmente. A discordia veu da non aceptación da mesmas".
Finalmentre, propón abrir unha nova etapa de "discusión teórica" cun prazo concreto de "por indicar algo, catro ou cinco anos" durante o cal todos os participantes se comprometería a manter o emprego da normativa actual. Par abrir este proceso tamén esixe o compromiso de "aceptar o resultado concordado que se alcance" e de "ver entre todos o mellor modo de afrontar conxuntamente os problemas que esa nova normativización traerá consigo".
As críticas continúan
Desde fóra da Academia continúan a aparecer nos medios artigos criticando a decisión desta institución e solicitando explicacións sobre as causas da negativa.
Así, onte era Alberte Ansede quen en "La Opinión" fai un resumo do proceso polo que se negociou a proposta de reforma e denuncia a existencia de presións sobre a institución académica.
Henrique Monteagudo, outro dos participantes na redacción da reforma ortográfica, ofrécenos no noso especial sobre normativa unha análise do proceso de negociación que deu na proposta.
Pola súa banda outros tres participantes no proceso negociador por parte da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Manuel Ferreiro e Carlos Paulo Martínez Pereiro, lembran nun artigo publicado hoxe en "La Voz de Galicia" o prestixio da RAG como institución ó tempo que sinalan a diferencia entre a competencia legal e lexitimidade social que posúe esta entidade. Ó mesmo tempo, solicitan á institución explique as causas da súa negativa á reforma ortográfica consensuada polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e os departamentos de galego das tres universidades coa mediación da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
A filóloga e deputada polo BNG Pilar García Negro, insistiu onte na existencia de "interferencias políticas concretas" na decisión da RAG, e lembrou as intervencións de Manuel Fraga, Francisco Vázquez de Celso Currás sobre este tema. De calquera xeito, a deputada recoñeceu que non ten probas ó respecto, e criticou duramnte que a Academia "desprece a sabedoría" da "maior e mellor capacitación académica e científica" do país.
Finalmente, en "O Correo Galego" e hoxe, Carlos Arias reflexiona sobre a dificultade que supón para o usuario común do idioma as discusións sobre normativa, e Vieiros recolle un comunicado das Irmandades da Fala da Galiza e Portugal no que analizan os sistemas polos que se discuten as reformas normativas da lingua en distintos países. No mesmo portal, vén de incorporarse unha ampla reflexión de Celso Álvarez Cáccamo sobre a cuestión.