A USC premia un proxecto para integrar no traballo a diminuidos psíquicos

Investiga que algo queda

As relacións entre a Universidade, a empresa privada e a sociedade son cada vez máis estreitas. E ademais de estreitas, tamén premiadas. Estes días a Universidade de Santiago premiaba a unha idea empresarial, que pretendía integrar laboralmente a diminuidos psíquicos. Era o proxecto gañador do certame "Empresa Xove", que coincidía con outro, o de "Base tecnolóxica", qeu premiou un proxecto de elaboración de producots químicos a medida para a industria farmacéutica. E se seguimos coa universidade, imos a Vigo, onde unha profesora do departamentod e Fundamentos de Análise Económica, acaba de defender unha tese que sinala a importante competencia que lle podería facer o tren de Alta Velocidade en Galicia ó avión. E por último, a universidade de Oviedo, acaba de facer público que estudiará a importante colección de cunchas dun mozo ribadiense.

En Santiago

A Universidade de Santiago entregou onte dous dos seus premios cos que pretende galardoar a iniciativa empresarial e os proxectos de investigación que achegan a Universidade á sociedade. Un dilema que pretende facer rachar co tópico do investigador encerrado na súa torre de marfil. E os proxectos gañadores, entre os que se repartiron 30.000 euros (uns cinco millóns de pesetas), circunscribíronse ós programas "Empresa xove" e de "Base tecnolóxica". María del Rosario e Manuel Aríns Mosteiro foron os gañadores do "Empresa Xove" cunha iniciativa que prevé a posta en marcha dun centro para a integración de diminuidos psíquicos no mundo laboral. Unha empresa que se crearía en Pontevedra, cun investimento inicial de 30.000 euros (uns cinco millóns de pesetas) máis outros 30.000 que se conseguirían a través dun crédito. O centro contaría, segundo se establece no seu proxecto, para entar en contacot coas industrias e darlles a coñecer as vantaxas fiscais que existen por contratar a este tipo de persoas. O segundo premio deste certame foi para un proxecto sobre a producción de pantallas acústicas utilizando como materia prima pneumáticos usados, a prudcción dun novo polímero versátil que impide a utilización de elementos punzantes do material sanitario logo do seu primeiro uso.
En canto ó outro concurso, o de "Base tecnolóxica" resultou premiado un proxecto para elaboración de productos químicos a medida para a industria farmacéutica. Este proxecto foi dotado con 12.010 euros (case dous millóns de pesetas); xusto a metade (6.010 euros) e que recaeu nunha iniciativa de carácter medioambiental. O terceiro (3.005 euros) foi para un proxecto con aplicacións en sectores de comunicación e multimedia.











En Vigo


O Departamento da Fundamentos de Análise Económica da Universidade de Vigo, leva desde 1994 analizando a competitividade do ferrocarril con respecto a outros medios (sobre todo o avión). E o principal eixo desta liña de investigación foi unha tese de doutoramento da profesora González titulada "Preferencias declaradas co deseño de experimentos: unha aplicación ó Tren de Alta Velocidade". Unha tese que pretendía analizar o investimento en ferrocarril e o seu impacto na demanda de avión. De feito, segundo esta investigación afirma que a demanda do medio de transporte aéreo caería un 40% -en detrimento do tren- en situación laborais, e un 68% en viaxes de lecer. Unha estimación que poden levar a cabo gracias a aplicación dun modelo experimental de deseños factorias que permite predecir a demanda de viaxes nunha alternativa concreta, o TAV.












En Oviedo

David López é un mozo ribadense que leva moitos anos coleccionando cunchas marinas, ós insectos e ós fósiles chegados de diferentes partes do mundo. Unha afección que o levou a ter unha das coleccións máis importantes do mundo na materia. Unha propiedade pola que acaba de manifestar certo interese o decano da Universidade de Oviedo, que o acaba de citar para poder coñecer máis a fondo esta colección.