Cada quen faino como pode, como sabe ou como manda a tradición, pero cada vila ten o seu costume para despedir o entroido. Hainos con forma de animais e de figuras ou sen ningunha relación paarente nin simbólica nin de proximidade. O Meco en Santiago e Lugo, a Parrocha en Coruña, o Felipe en Ribeira, o Ravachol en Pontevedra e, máis común, a sardiña en numerosas localidades. Todos actos simbólicos e rituais para poñer colofón e punto e final a cinco dÃas de escarnio, comparsas e celebración. Agora tempo de cuaresma.
Sardiñas por todos os sitios
A máis común e tradicional forma de despedir o entroido son os numerosos "enterros da sardiña" que encheron de lumeiras e de cor a despedida do Entroido 2002. As sátiras e as crÃticas sociais foron os predominantes e en cada cidade e localidade hobo tamén guiños ós temas de actualidade municipal. Por exemplo, na Coruña a parrocha foi enterrada no mar (desde a praia de Riazor) mentres que o deus Momo ardeu logo dun recital de sátiras sobre o Nations in Bloom (aquel premio que gañou a cidade e que, a dÃa de hoxe, a corporación municipal non aclarou quen outorga este premio) foron os principais protagonistas da noite. En Santiago, queimaron o Meco que estivo na fachada do Pazo de Bendaña durante o tempo no que duraron os festextos. E de capital a outra, a Ourense, onde as viúvas do entroido enxoitaron o seu pranto cun cocido que se reparteu na alameda ourensá.
As actividades que se prolongan ata a fin de semana
E a celebración do entroido non remata hoxe, senón que numerosos colectivos procuran prolongar as súas actividades ata a fin de semana. É o caso de Pontevedra, onde mañá pola noite terá lugar o enterro do Ravachol, o que pon fin a unha semana de festexos. E os naroneses resÃstense a abandoar estas festas e moitos dele s volverán a enfundarse os seus disfraces para despedir a Don Carnal este fin de semana. Para iso, noumerosas asociacións de veciños puxéronse mans á obra e organizaron a diversos festivais e actividades para este sábado. A asociación de veciños Altea de Santa Rita terá o sábado unha festa para nenos e maiores (os primeiros pola tarde e os segundos pola noite) para o que teñen contratado un servicio de animación, asà como unha orquestra. E máis actos das asociacións, a das "Regueiras" de O Feal tamén terá un baile para os nenos; a "Rosa dos ventos" organizou un concurso de carrozas para o que repartirán 270 euros en premios.