Estamos afeitos a atopar, ao prender o noso receptor de radio, toda unha serie de emisoras de carácter comercial, integradas en grandes grupos, que repiten máis ou menos discursos maioritarios. No entanto, hai espazo aÃnda nas ondas hertzianas para proxectos diferentes. Contrainformativos. Programas que prestan atención a xéneros musicais relegados das grandes emisoras. Espazos que tratan de intereses minoritarios. Varios proxectos de Radio Libre mantéñense con forza en Galicia, e traballan para crear a primeira rede que agrupará estes colectivos no paÃs.
"Unha emisora libre é aquela na que todo o mundo pode facer radio, que non ten ningún tipo de presión externa e que posúe absoluta liberdade para definir os seus contidos, sen depender de axentes económicos e institucionais", define Tomi, coordinador xeral de Cuac Fm, unha emisora que leva xa dez anos a emitir desde a Universidade da Coruña. O secretario de Radio Clavi, Fernándo Vázquez sinala que unha radio deste tipo "é un medio de comunicación que está máis próximo da cidadanÃa, no cal a xente pode participar e facer o seu propio programa sen estar suxeito a ningún tipo de control polÃtico e económico fóra dos propios participantes". Claro que estas ideas baten en moitas ocasións coa legalidade que establece a necesidade dunha licenza para emitir ás ondas. As emisoras libres desenvolven a súa actividade aproveitando frecuencias que non emprega ningunha outra radio e reclaman o dereito a uns medios de comunicación alternativos. En Galicia, na actualidade traballan baixo estes conceptos as emisoras Rádio Filispim (Ferrol), CuacFm (A Coruña), Radio Roncudo (Costa da Morte), Radio Kalimera (Compostela), Radio Clavi (Lugo) e Radio Piratona (Vigo).
Variedade nas ondas
AÃnda que os une a paixón pola radio e a defensa dun acceso máis democrático ás ondas, os diferentes proxectos de radio libre en Galicia son do máis variado. Desde o forte compromiso polÃtico e a clara liña editorial dalgunhas emisoras á busca da pluralidade e do acceso libre que desenvolven outras. "Non temos nada que ver unhas coas outras", asegura Tomi. "Hai xente que ten máis clara a súa liña editorial, e outros estamos máis abertos a que chegue calquera e faga radio". De calquera xeito, recoñece que os movementos de esquerda son os que manteñen máis participación en proxectos deste tipo. Ademais da liña ideolóxica, hai pluralidade en canto a sistemas de organización, desde aquelas emisoras que dependen dunha asociación universitaria (caso de Cuac) ata as que parten dunha asociación veciñal (Radio Roncudo), ou que non contan con estruturas legais de funcionamento (Piratona). Radio Clavi, por exemplo, funciona mediante unha coordinadora de asociacións de diversos ámbitos. "O xeito de lle dar viabilidade á radio era que se implicase a sociedade civil organizada, e entón fixemos unha convocatoria a asociacións para se integrasen como un xeito de difundir as súas iniciativas e ter un contacto máis directo coa sociedade", explica Vázquez. "E a partir de aà formamos a Asociación polo Movemento Radiofónico Lugués". En xeral, sexa cal sexa a fórmula legal, todas as emisoras comparten un funcionamento asembleario.
Perspectiva histórica
Mesmo a nivel histórico temos casos que van desde a veteranÃa de Radio Piratona, nacida en 1988 en Vigo, ata as apostas máis recentes que son Radio Roncudo, nacida en 2004 ou Radio FilispÃm, que comezou a emitir en outubro de 2005. Entre as emisoras máis veteranas son comúns anécdotas como os cambios de local, os problemas técnicos ou perÃodos en que non teñen podido emitir por teren quedado sen frecuencia, e en xeral coinciden no paso de moreas de xente e de propostas. Polo demais hai de todo. Cuac, por exemplo entende que o concepto de Radio Libre non está rifado con posuÃr unha licenza para a emisión, "para min estar nunha emisora libre non ten por qué supor actuar na ilegalidade, outra cousa é que unha vez que tes licenza che queiran poñer impedimentos á liberdade de expresión, pero a liberdade non ten que ver co ter un papeliño que che diga que tes unha frecuencia asignada", lembra Tomi, que tamén reivindica o nome de radios libres fronte ao de radios piratas que se empregaba hai anos. "Para nós unha radio pirata é unha emisora comercial que emite sen licenza e con fins lucrativos, en Galicia hai varios casos", completa.
Traballo fóra das ondas
É o máis habitual que estas emisoras funcionen economicamente de xeito autoxestionado e rexeiten en boa medida patrocinios ou subsidios para garantir a independencia do proxecto. Isto fai de moitos dos colectivos que sosteñen radios libres uns grandes dinamizadores do seu contorno. A necesidade de buscar financiamento fai que desde estes grupos se organicen festas, concertos, poxas, cursos e actividades do mais variado. "Penso que por aà anda a cantidade de traballo que facemos nas ondas e o que facemos fóra", explica Fernando Vázquez desde Lugo. "Ademais Radio Clavi é en si mesma unha asociación cultural e cumpre a súa función como tal".
Deste xeito teñen callado iniciativas coma a Festa Hortera de Radio Kalimera en Compostela, o Festival "Conspirando por umha rádio livre" de Rádio Filispim en Ferrol, a conmemoración da Revolución dos Cravos e os festivais pola liberdade de expresión de Radio Clavi ou o certame de maquetas de Cuac Fm. Só algúns casos, coma o de Cuac Fm, aceptan patrocinios de pequenos locais para programas concretos como xeito de manter economicamente o proxecto.
O custe das ondas
AÃnda que montar unha radio libre non resulta tan caro como poderÃa parecer, o proxecto ten os seus custos. "Non custa tanto montar unha radio. Cun pouco de sorte pode saÃr nuns dous mil e pico euros para emitir nunha vila do tamaño de Noia. Hai que conseguir un emisor pequeno, unha mesa de mesturas, unha antena... O problema moitas veces é o local", recoñece Tomi. A este investimento de partida débense engadir os gastos correntes, a substitución do equipo que se vaia deteriorando, o material funxible e a busca de melloras técnicas. Logo, dentro dos problemas xa especÃficos dun medio de comunicación, as radios lamentan polo xeral as dificultades para chegar a un ámbito que supere o local. Unicamente algunhas emisoras como Cuac ou Roncudo teñen potencia abondo para transcender as súas localidades natais e emitir a unha escala comarcal. Claro que isto supón un maior risco de invadir as frecuencias doutras emisoras. Canda a isto, non existe xeito de saber quen os escoita, fóra das chamadas e correos que reciban na propia emisora. "Penso que somos conscientes do difÃcil que é escoitar unha Radio Libre para un ouvinte. Ten que coincidir que se escoite ben onde esteas, que coincida que nesa hora se emita un programa que che interese... Ademais, a programación non sempre é coherente. Pode coincidir que a un programa de heavy lle siga un de hip hop, e non coinciden as audiencias" recoñece Tomi.
A Rede
Os puntos de encontro entre os distintos proxectos, de calquera xeito, son abondos como para promover unha Rede Galega de Radios Libres e Comunitarias. Esta entidade, en proceso de constitución, quere desenvolver unha loita común polo recoñecemento do labor social destes proxectos e do seu dereito a contar cun punto no dial. As perspectivas neste sentido non son as peores. Na actualidade está a se traballar no Parlamento de Madrid nunha lei que, segundo anunciou o goberno, aclarará a situación de iniciativas comunicativas coma estas. De calquera xeito, estes grupos apuntan que queda moito por facer para que a Lei recolla as súas aspiracións. "Hai moito traballo con iso. Cabe a posibilidade de que che dean unha licenza pero que limiten a potencia de emisión e non che permitan chegar a ningures". Canda a estas reivindicacións, a Rede quere servir tamén para optimizar o labor dos diferentes proxectos. "Queremos compartir espazos radiofónicos e axudarnos a nivel técnico", explica Tomi. Polo momento esta proposta conxunta está aÃnda a xermolar. "Tivemos xa varias xuntanzas e falta botala a andar, ter un espazo en Internet onde se poida ver o que fai cada un... Costa porque cando un movemento se fai con xente que non cobra por isto, e xa ten traballo abondo coa súa propia radio, entrar en redes é moi complicado".
Presentes e futuros
En xeral, o panorama en Galicia chama a un certo optimismo. "Que haxa seis emisoras en toda Galicia non é para botar foguetes, estamos a anos luz doutras comunidades, pero estamos mellor, por exemplo, que hai ano e medio", asegura Tomi. Por outra banda, Internet, lonxe de constituÃrse nunha competencia para este medio, está a axudar enormemente ao desenvolvemento das radios, xa que permite compartir arquivos, publicitar a actividade, contactar co público e mesmo abrir unha nova vÃa de difusión dos contidos. "Coa rede elimÃnase o problema dos horarios de emisións para coincidir cos ouvintes, o problema pasa a ser o exceso de oferta". Canda a isto, a inmediata constitución da Rede de Radios Libres e a posible reforma lexislativa, canda ás últimas incorporacións ao medio, dan a idea de que os proxectos de liberdade nas ondas van continuar soando, e con forza.