Escultores galegos converten Mariñán nun gran estudio de escultura no seu primeiro simposio

Esculpir Mariñán

19/5/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Do 23 de maio ao 9 de xuño, o pazo de Mariñán converterase nun improvisado estudo de escultura. Trátase dunha das múltiples actividades previstas dentro do I Simposio Internacional de Escultura organizado pola Deputación da Coruña e coordinado por Manuel Gandullo, Manuel Patinha e Pazo Pestana. Ademais destes escultores, Isaque Pinheiro, Paulo Neves e Volker Schüttgen formarán parte dun evento ao que tamén asistirán alumnos das Facultades de Belas Artes, escolas taller e centros de formación artística do país.

Máis información en El Correo Gallego e no web da Deputación de A Coruña

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Manuel Patinha, Escolas, Belas Artes...