Unha serie de obradoiros modificarán o contorno do pazo de Mariñán mediante intervencións artísticas

Land-Art en Mariñán

8/8/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
“A paisaxe reinventada” é o título dos obradoiros artísticos que entre o vinte e dous de agosto e o dous de setembro modificarán diferentes áreas do contorno do pazo de Mariñán. O xardín, a horta ou o regato son algunhas das zonas sobre as intervirán grupos de traballo nos que se combinan escultores, pintores, arquitectos, paisaxistas e xardineiros entre outros especialistas que realizarán intervencións de land-art ou arte da paisaxe. A actividade está promovida pola Deputación da Coruña, e de xeito paralelo ás intervencións desenvolveranse no pazo conferencias arredor da paisaxe de arte.

Máis información en El Correo Gallego e no web da Deputación da Coruña

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Pazo de Mariñán, Deputación da Coruña, El Correo Gallego