Un parque científico e tecnolóxico substitúe ao proxecto da “Cidade da imaxe”

Antes imaxe e agora ciencia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hai uns días a prensa anunciaba a aprobación polo Concello de Santiago do proxecto do futuro polígono industrial, popularmente chamado “Cidade da imaxe”. Naquela información destacábase que o proxecto precisaba do visto bo da Xunta para comezar a expropiación dos terreos. Pero, en lugar de aprobalo, os conselleiros de Industria e Vivenda presentaban este martes o “Parque Científico e Tecnolóxico de Santiago” (PCTS). Trátase dun proxecto máis ambicioso, que absorbe o proxecto inicial do polígono industrial especializado no campo audiovisual, para ofrecer espazos e infraestruturas tecnolóxicas a empresas e centros de I+D.

Máis información en El Correo Gallego e sobre a nova da “Cidade da imaxe” na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ciencia, El Correo Gallego, Concello de Santiago, Culturagalega