O 1 de xaneiro de 2006 é a data que o Concello de Santiago baralla para pór en venda os terreos da Cidade da Imaxe. Trátase dun polÃgono industrial situado en San Marcos no que se instalarán as empresas relacionada co mundo da imaxe. A dÃa de hoxe, cando o Instituto Galego da Vivenda e Solo acaba de adxudicar a redacción do plan de sectorialización, xa hai trinta empresas interesadas no proxecto. A celeridade do proxecto, que depende dos trámites administrativos, é determinante na viabilidade deste proxecto que terá entre 100 e 150 parcelas.
Máis información en La Voz de Galicia e na na nosa hemeroteca