A Consellaría de Cultura edita unha publicación para a promoción do libro e da literatura

Unha praza en papel

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
“Praza das letras” é o nome da publicación da consellaría de Cultura e Deporte para a promoción do libro e da literatura. No primeiro número da publicación, que se pode descargar desde o seu sitio web, conta con información sobre a futura Lei do Libro, as bibliotecas na rede e sobre Manuel Lugrís Freire. O web desta iniciativa quere converterse nun "grande portal de difusión da lectura", segundo sinala a revista, no que confluirán bases de datos de autores, ilustradores, librarías e mesmo o proxecto Meiga de bibliotecas entre outros contidos. O proxecto preséntase no Día das Letras e forma parte das iniciativas da Consellaría con motivo da celebración, entre as que destaca “17demaio.org”, un web no que ofrece información sobre todo os homenaxeados desde que a Real Academia Galega, decidise institucionalizar esta efeméride.

Máis información no web Prazadasletras.org e 17demaio.org

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Bibliotecas, Manuel Lugrís Freire, Manuel Lugrís Freire...