Dous novos sitios web sobre literatura galega veñen de engadirse na rede da man da Consellaría de Cultura

Para nenos e maiores

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O sitio autoresgalegos.org busca acoller nun único e sinxelo portal de acceso, a abundante documentación virtual, textual e outras bases de datos coas que o Centro Superior Bibliográfico conta en relación cos autores galegos ou aqueles cuxa obra pode verse en relación con Galicia. Nun primeiro avance deste traballo incluiranse autores nados antes de 1800, cuxa obra estea total ou parcialmente dixitalizada, pero segundo se indica no sito inclúense con carácter extraordinario fichas dos autores máis salientables do Rexurdimento. O outro sitio, o portal ourizoazul.org está dirixido a promover a lectura entre os máis novos, suxerindo libros e ofrecendo información sobre escritores e ilustradores. A Consellaría tamén presentou a base de datos en DVD “O libro galego” que recolle case trinta mil referencias bibliográficas da edición galega ata o ano 2003.

Máis información en Autoresgalegos.org
e no sitio Ourizoazul.org

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Escritores, DVD, Rexurdimento