Cada vez que se inaugura unha exposición péchase unha media de ano, ano e medio de traballo. É o tempo medio que lle leva á pensar, conseguir e traer o material para que as obras de arte se coloquen nun espazo. Ao proceso previo á inauguración da exposición chámaselle produción, e este traballo invisible revela cousas como o proxecto do centro e a súa identidade. Os responsables de fundacións como Caixa Galicia e LuÃs Seoane, museos como o MARCO, o CGAC e o MACUF e galerÃas como a Trinta cóntannos a súa experiencia.
Para que a obra de Frida Kahlo (Santiago, novembro-xaneiro 2006) e Diego Rivera (marzo-xuño 2006) chegase a Galicia, a Fundación Caixa Galicia tivo que lidiar durante case tres anos de traballo. Negociar os permisos, trasladar obra, cumprir cos requisitos de seguridade, deseño da exposición, montaxe... son algúns dos aspectos comúns a toda exposición que implican cartos e tempo. Son só algunhas das consideracións a ter en conta na produción dunha exposición.
Empezando polo principio, a produción
Manuel Olveira, o director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) explica que producir ten moitas acepcións. Por unha banda producir “ten unha casuÃstica moi ampla no sentido de que hai moitos casos diferentes, tipos de orzamentos e variadas necesidades para impulsar un proxecto. O que ten en común o feito de producir unha exposición é que significa xerar un discurso, facer unha lectura da realidade e, por iso, significa tamén un exercicio enorme de responsabilidade”.
Silvia Longueira, directora da Fundación Seoane tamén incide nesa idea de proxecto que figura no discurso de Olveira e asegura que “producir significa iniciar un proceso de investigación que sempre está limitado por tres condicionantes, por unha banda os procesos de espazo, por outra os de tempo e, por suposto, polo concepto económico”.
Ademais, “tralo discurso, explica Olveira, vén a elección do formato, da montaxe, do dispositivo de circulación e da comunicación que debe estar ao servicio e ser coherente cos presupostos estético-conceptuais daquelo que se mostra. Producir unha exposición tamén significa pensar en como vai a incidir esta na escena da arte contemporánea e nos diferentes públicos que se van a relacionar con ela. De aà que as pontes relacionais a través da montaxe e do dispositivo comunicativo sexan tan importantes”. En todo caso, para pensar todos estes procesos precÃsase tempo e Iñaki MartÃnez Antelo, director do MARCO, atrévese a cuantificalo ao asegurar que “se precisa canto menos dun ano para poder producila en todas as súas fases”. Un tempo no que tamén coincide Carme Fernández, xerente do Museo de Arte Unión Fenosa que asegura “non se pode xeneralizar, cada proxecto ten o seu tempo e normalmente a programación se prepara con máis dun ano de antelación”. Pero esto é a teorÃa, o responsable do museo de arte contemporánea vigués recoñece que “lamentablemente, e por varios motivos, o tempo que temos para desenvolver algúns dos proxectos é máis reducido do que quixeramos”.
A exposición no seu contexto
Pero todas as exposicións que se producen están xustificadas dentro da liña de traballo de cada centro cultural. Non foi casual que o MARCO e a Fundación Seoane se uniran para facer “Diásporas”, para a directora da fundación coruñesa “aquel proxecto era moi interesante para a liña do MARCO e moi interesante para a nosa Fundación porque afondaba no interese de cada centro”. Tampouco foi casual que a Caixa Galicia montase “Latitudes” porque, en palabras da xerente da Fundación, “supuña atender a unha liña de traballo centrada en apoiar a artistas galegos novos que comezaban a despuntar no panorama actual”. Por outra banda, Teresa Porto explica que traer a Diego Rivera entroncaba coa idea de “promover a cultura en Galicia con exposicións que implican moito traballo e de grande renome”. Unha liña que se iniciou timidamente hai tres anos coa revisión dos grandes contemporáneos españois como Miró, Chillida, Tapies... e que se reforzou enerxicamente coa mostra sobre Frida Kahlo no 2005 e que formaban parte da intención da fundación de promover a cultura en Galicia. Pero existe, dentro da idea da Fundación Caixa Galicia unha terceira liña que é a de promover a cultura galega fóra das nosas fronteiras. “Esta liña, incide Teresa, significa por en valor a colección de arte Caixa Galicia, xa non só nos circuÃtos das nosas sedes senón tamén fóra de Galicia”. Isto explica que a Colección Caixa Galicia chegue en breve ao IVAM (Instituto Valenciano de Arte Moderno), despois de estar en Ovideo, Madrid, Valencia, Palma de Mallorca ou Bruxelas.
Pola súa banda, Silvia Longueira explica que “tal e como figuran nos estatutos da Fundación LuÃs Seoane hai tres liñas de traballo: unha deles está centrada en LuÃs Seoane, outra na arte contemporáena, porque Seoane foi un renovador da plástica galega e un xestor cultural que estaba ao tanto do que sucedÃa en tempo real na arte plástica; e, a última liña, no imperativo de ter que construÃr unha historia que, por certos avatares, non foi recollida institucionalmente. É o que chamamos “arqueoloxÃa do presente” enfocado a movementos culturais, do que pretendemos achegar información e, dalgún xeito, deixar sentado un proceso de investigación que no seu momento non tivemos recollidos”. Dentro desta última liña foi pola que o ano pasado presentaron a exposición “O lado da sombra”, que facÃa unha análise da cultura non institucional dos anos 70 e dos 80.
Ademais, desde Caixanova explican que as exposicións se programan tendo en conta dous criterios "a variedade de propostas e a calidade destas. Variedade nos diferentes enfoques das exposicións programadas: arte de todos os perÃodos cronolóxicos, de todas as orixes xeográficas, diversidade de culturas, de formatos, de soprotes, mantendo sempre un equilibrio buscando entre a ate galega e a nacional e a internacional. E a calidade vén da man dos artistas que protagonizan esas mostras".
Pero... ¿como se produce?
Igual que acontece con outras disciplinas do sector cultural, existen múltiples modelos de traballo para organizar unha exposición. Pode facerse como unha produción propia (o propio centro é quen se encarga de facer todo o traballo previo á exposición), como coprodución (varios centros se unen para compartir custos) e pode ser produción allea (a unha empresa produtora, unha institución ou outra entidade que fai o proxecto que o centro contrata). Todas as entidades consultadas traballan con estes tres modelos de produción para ofrecer a súa programación anual. Por varios motivos: económicos, de proxecto e de traballo.
“Non dubido que o máis idóneo é producir as mostras eu fas no teu centro, explica Iñaki MartÃnez Antelo, pois é a única maneira de mostrar unha liña de traballo e de darlle un carácter ao museo que non poderÃa ter se nos limitásemos a importar todo o feito”. Para Teresa Porto, “hai veces que tes unha idea dun proxecto que ninguén pode facer por ti e que tes que producir esa montaxe ao cen por cen”. Por outra banda, Manuel Olveira e moi tallante ao asegurar que “por suposto consideramos que é máis útil producir unha exposición que mercala e traela. Sobre todo porque as exposición non son ovnis nin pratos voantes que aterran nos museos senón que deben ter lazos co contorno e coa comunidade. Con isto quero dicir que unha exposición debate ter sentido nun momento e nun lugar. Producir exposición permÃtenos dialogar e sintonizar co contorno”. Olveira por un exemplo práctico: “tendo en conta a relación coa morte e a importancia que os defuntos teñen na sociedade e na cultura galega diversas exposición programadas neste centro adquiren unha significación especial: Ana Mendieta, Christian Boltanski e Jim Hodges teñen aquÃ, e baixo esta perspectiva, unha lectura especial que noutro sitio non terÃan”. Pero a produción propia é custosa. Implica moitos cartos, moito tempo e moita dedicación, por iso son os centros máis fortes do paÃs os que asumen esta forma e se embarcan no traballo dunha exposición. Agora ben, pode facer que sexa o seu propio persoal o que desenvolva o traballo maioritaria mente, ou que, como no caso do CGAC “contemos con profesionais en función do proxecto para comisariar, asesorar, investigar contidos, analizar formas de facer comunicable eses contidos.... iso si, sempre asistidos e coordinados por persoal do centro”.
Pero como non toda a programación pode ser de produción propia, os centros complétana con coproducións e con alugueiros da exposición. Ademais, a esta é tamén unha fórmula válida para centros máis pequenos, con orzamentos reducidos, que unifican o seu traballo. Asà permÃtese facer alianzas estratéxicas como as que o “Proxecto edición”, proposta que superan o puramente expositivo, permitiu que o CGAC, o MARCO e a Fundación LuÃs Seoane traballaran xuntas.
Existe unha terceira fórmula que é alugar unha exposición e adaptala a un espazo. O proxecto está deseñado por persoas alleas ao propio centro pero, como asegura a directora da Fundación Seoane, “non ten porque ser algo negativo. No sector cultural existen una serie de productoras, como ten o audiovisual, que traballan tanto liñas máis comerciais como liñas máis sesudas”. O director do MARCO incide neste aspecto ao destacar que “todo isto non quere dicir que non debamos de aproveitar oportunidades e importar mostras que un museo como o noso (pouco persoal e pouco orzamento) non poderÃa costear. Como exemplo destacarÃa The Last Picture Show, unha mostra que trouxemos do Walker Art Center de Mineápolis e á que un museo novo como é o MARCO non terÃa acceso. RefÃrome aquà a poder conseguir préstamos de obras de primeiro nivel e a poder asumir os enormes costes de transporte e outras xestións”.
Unha óptica diferente: a galerÃa Trinta
Ata o momento, todos os exemplos que puxemos tiñan como interese vender. Pero... ¿que pasa no caso dunha galerÃa de arte? Asunta RodrÃguez, directora da galerÃa Trinta asegura que “para unha galerÃa producir é o mesmo que para unha institución, con menos medios e con menos presenza, porque temos uns metros cadrados determinados e unha capacidade de acceso ao público determinada e máis limitada”. Pero os procesos son diferentes, Asunta explica que debe haber “unha complicidade directa co artista para que se implique na produción e en concibir a exposición para un espazo concreto”, e por outra banda “cómpre buscar os medios para que esa produción sexa asumible economicamente”. AÃnda que depende de cada exposición, unha galerÃa asume economicamente o custo de montaxe da exposición aÃnda que non saiba canto vai vender unha vez inaugurada. Asunta explica que “cando inauguro unha exposición sei que o 90% da mostra non a vou a vender, se é que teño a sorte de vender algo”. Ademais, hai que engadirlle o trato económico que asumen ambas partes. Asunta explica que “hai un prezo de venda que é o mesmo tanto na galerÃa como no estudo do artista e dese prezo hai unha porcentaxe para o artista en concepto de propiedade da obra e outro tanto por centro para a galerÃa, en concepto de xestión, manipulación, transporte e de xestión da venda”.
Asunta recoñece que unha coproducion con outra galerÃa axudarÃa a compartir custes, pero afirma que “non é unha opción pola que opte moito polo tema da competencia”.