Coñécense os gañadores dos premios da Música, do Ánxel Fole, do Rodolfo Ucha do Avelina Valladares e mais do Varela Buxán

Veñen os premios por maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Fállanse este días premios e mais premios. Nos da Música, foi o grupo Mamá Cabra quen se fixo co de mellor canción en galego o pasado venres. Xosé Ramón Freixeiro Mato conseguía onte cun estudo sobre a lingua na obra de Manuel María o premio Ánxel Fole. O III Premio de Arquitectura Rodolfo Ucha fallábase onte a prol do ferrolán Alfredo Alcalá. Esta fin de semana Arsenio Iglesias Pazos facíase con Avelina Valladares de Poesía, e onte mesmo o concello de Lalín fallaba o certame de relato curto Varela Buxán.

Máis información sobre os premios da música no web da Academia, máis sobre o Avelina Valladares en El Correo Gallego; sobre o Varela Buxán en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Freixeiro Mato, Manuel María, Xosé Ramón Freixeiro, Poesía...