Cada dÃa son máis. Rachan tabús, atrévense a ir onde ningún músico galego fora antes. Grupos novos, novas olladas, apañan o noso patrimonio musical e atrévense a facer con el de todo. Pop, punk, rock duro, techno, cabaret. Están na rúa, nas radios, en Internet, a asaltar e renovar pezas que ata o de agora eran pouco menos que intocables. Pero o folk xa non é o que era.
Xa desde os anos oitenta, Os Resentidos engadiron a gaita ao seu pop e se atreveron con clásicos populares. Hai xa uns anos que coñecemos propostas que achegan o folk á electrónica, como a que facÃa o grupo vigués SpÃritu 986 na senda do cibergaiteiro Hevia. Participando máis das músicas do mundo temos o traballo de Fasero, que comparte obra en solitario coa xa sólida traxectoria musical de Mutenrohi. Esta iniciativa integra nun corpo fundamentalmente folk recursos coma loops, distorsións e secuencias electrónicas. Esta mesma semana temos a noticia do lanzamento do disco de Marful, que leva xa unha boa temporada a percorrer o paÃs a facer as súas reinterpretacións do folk desde a música urbana de comezos do século XX.
Folk de autor
Desde outra perspectiva se achega a o noso corpus tradicional Ecléctica Ensemble, formación na que tamén participa UxÃa Pedreira e que prima a percusión e a voz nas súas versións. Pola súa banda, Mercedes Peón, dentro da súa decidida aposta pola renovación do noso patrimonio sonoro, ten feito fusións tan curiosas coma mesturar o folk co reggae e introduciu tamén electrónica sen reparos. Segundo achega Óscar Losada, crÃtico musical especializado en folk, "hai agora un elemento destacado como é a presenza da canción de autor con raÃces, tipo Xabier DÃaz, ou o dúo Guadi-Guillermo, canda a presenzas como as de Nova Galega de Danza que renovan o panorama ao non ser estritamente folk o que fan", asegura. "En canto a fusionar seguramente os pioneiros foron Na Lúa, que seguen en activo e non podemos esquecer tampouco o traballo de Budiño". Pero estes son só uns poucos exemplos. Nos últimos tempos están a se dar a coñecer, maioritariamente a través da rede, varios grupos que, sen se centrar na reinterpretación da tradición, achéganse nalgún dos seus temas á música de raÃz desde as ópticas máis variadas.
Pop-folk
É por exemplo o caso do dúo compostelán Fanny e Alexander. Cun pop moi vencellado á electrónica, este grupo acaba de lanzar o seu primeiro CD onde un tema en concreto, "Lene", amosa unha atrevida aproximación á música tradicional. Segundo eles mesmos explican no seu web, " a base rÃtmica mestura pandeiros e pandeiretas con bases electrónicas e a verdade é que están resultando moi difÃciles de integrar repeniques tradicionais e clicks n´ cuts vangardistas". Canda a isto, a canción inclúe "unha fermosa melodÃa de voz pop que se torna alalá", un cruce verdadeiramente innovador. Segundo aseguran desde o grupo, "a idea é romper un pouco coa rixidez na separación que hai entre pop e folk, incorporando os instrumentos tradicionais á música popular contemporánea". Fanny e Alexander amosan estar moi ao tanto das fusións que se veñen realizando no noso paÃs. "Sempre nos interesaron os camiños marcados por experimentos coma Son Lalin, que fusionaron musica tradicional e o disco xa en 1978, ou Os Resentidos, e cousas máis recentes coma a fusión entre electrónica e tradición de xente coma Mercedes Peón ou Fusquenlha". O grupo asegura ter a intención de continuar con esta liña de fusión, e adiantan que "temos en mente traballar con samples de gravacións de campo, algo do estilo do que fai Moby coas gravacións de blues do seu avó, e construÃr cancións integramente arredor delas".
Techno-folk
Agora, para achegas verdadeiramente rompedoras, a versión techno (e ben duro) que fixeron Dj Goro e Dj Christian, Soniko dB, xa en 2002 do coñecido tema "Sementar sementarei". Este tema, titulado "GZ" e editado nun maxisingle co mesmo nome converteuse "inmediatamente nun himno para as pistas de baile máis progresivas, sobre todo no Pais Vasco", segundo explica este dúo de picadiscos no seu web, onde tamén se pode escoitar o tema. AÃnda en 2005 anunciaban para o seu espectáculo Meigafesta, co que levan de desde entón por discotecas de todo o estado. No espectáculo integran unha versión da "Muiñeira de Chantada" e contan con dous gaiteiros vestidos co traxe tradicional, que interpretan as súas pezas mentres no escenario arde unha queimada e o techno enche a sala nunha combinación verdadeiramente insólita.
Techno-pop e rock duro
Tamén é abondo orixinal a proposta de Superputa. Este grupo coruñés ten entre os seus éxitos (dispoñibles por internet) versións da "Carolina", do "Pousa, pousa", e do "Miudiño", todas elas transformando mediante a electrónica letras populares, e cunha inequÃvoca actitude punk de "faino ti mesmo" e de irreverencia que se estende por todos os seus temas. De calquera xeito, non todo é electrónica á hora de se achegar ao folk. Luar deu a coñecer en todo o paÃs hai xa uns aniños o traballo de Astarot. Este grupo do Morrazo apostou polo rock duro para interpretar temas da nosa tradición. A versión de "Airiños Aires" abriu as portas a unha fusión que chegarÃa ao seu culme coa edición en 2001 de "O sentir dunha terra", que incluÃa temas coma "A rianxeira", "Unha noite na eira do trigo", ou o "Miudiño". A tendencia continuarÃa, xa máis centrada nas versións de poetas galegos, con "Longa noite de pedra", publicado o pasado ano.
O cabaré
E non queda aà cousa. O cabaré tamén ten por onde facer a súa achega á reinterpretación do noso legado musical. Diso se encargan desde hai xa dous aniños Pepa Yañez e Davide Salvado, que co seu espectáculo "Unha noite no muÃño non é nada" achegan ambos mundos no que denominan "Cabaret DaquÃ". "É unha viraxe á musica tradicional popular cara ao espectáculo, buscando non a comicidade senón o artificio e indo un pouco á parodia". Aclara esta artista que empregan a instrumentación dun grupo tradicional "do máis purista". Pandeiros, pandeiretas, tarrañolas e instrumentos de percusión doméstica serven para acompañar algunhas das letras máis quentes da nosa lÃrica popular canda cancións de desafÃo. "Seleccionamos as letras que reflicten algo parecido ao cabaré, e interpretámolas desde as nosas influencias", que inclúen desde soul, pop, voces negras... "Un exemplo bárbaro é a canción de MarÃa Carey, "Living without you", que facemos con algunha canción tradicional, metendo todas as viraxes que poderÃa meter ela", asegura esta intérprete, boa coñecedora da música de raÃz. "O folk é toda unha institución, hai xente que toma moi en serio a tradición. O noso é tamén un xeito de facer folk. Achegamos esta música á xente nova, queremos que vexan que as letras están aÃ, que as músicas son bonitas e que poden ter semellanzas co pop ou con ritmos africanos". Apuntan de calquera xeito que non ven desde este campo moitas apostas pola innovación. "No folk non vexo propostas novas, quérense meter bases electrónicas pero non se integraron aÃnda con naturalidade", sinala, ao tempo que destaca aposta coma a de Mrecedes Peón. Para o futuro anuncian que están a ampliar o seu repertorio con novas cancións coas que pretenden iniciar unha nova xira. Con todos estes proxectos abertos, parece claro que se están a abrir vÃas inéditas para a nosa tradición. Está por ver que será o vindeiro... Ská-folk? Glam-folk? Fagan apostas.