Falece Fernando García Varela, un dos máis activos autores de BD dos anos oitenta

Un histórico que se vai

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O pasado mércores falecía, logo dunha longa enfermidade, Fernando García Varela. Aínda que retirado desde había moitos anos, este autor foi un dos máis destacados no panorama da banda deseñada dos anos oitenta e comezos dos noventa. As publicacións "Tintimán", "Valiumdiez" ou "Das Kapital" foron algunhas das que recolleron o seu persoal traballo. As historias de García Varela caracterizábanse por amosar unha estética pictórica e expresionista e tratar temas de fonda crítica social con ecos do punk. A orixinalidade da súa obra valeulle ser o autor seleccionado polo colectivo Frente Comixario para iniciar a súa colección de álbums, publicándose a escolma "Papagaio Spray" en 1993.

Máis información na ficha do autor e na ficha de Papagaio Spray

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Banda deseñada

Claves

Entidades
Conceptos