"Engado", de Nova Galega de Danza e "Hamlet", de RTA foron os espectáculos con maior recadación por función na Rede Galega de Teatros e Auditorios

Auditoría de auditorios

O Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) achega no seu último boletín electrónico E-SCENA os datos de público e de recadación dos espectáculos que percorreron a Rede Galega de Teatros e Auditorios no primeiro trimestre de 2006. Segundo estas cifras a obra "Engado" de Nova Galega de Danza, foi a que máis recadou neste período, con 3.765 euros por función. Síguea o "Hamlet" de RTA producións, que levou en cada actuación 2.560. Iso si, mentres o primeiro espectáculo fixo dúas actuacións nestes meses, o "Hamlet" realizou nada menos que once, encabezando a recadación total. Os que máis actuaron foron Sarabela teatro, que ergueron o pano dezaseis veces, e en total, segundo o IGAEM, a programación da Rede chegou a 27.089 persoas en 156 funcións.

Máis información no boletín E-Scena (en pdf)