A Comisión que redactou a reforma normativa, composta por representantes do ILG e dos departamentos de Galego das tres universidades, emitiu onte un comunicado no que sinala que non disolverá e anuncia unha campaña de difusión das reformas propostas. Mentres, a cuestión da reforma segue centrando o espacio cultural da prensa, como é o caso do semanario "A Nosa Terra" que ofrece unha completa análise sobre o tema no que recaba as posturas de partidos polÃticos, sindicatos e asociacións.
A comisión continúa
A Comisión de filólogos que se encargou de redactar a proposta de reforma normativa rexeitada pola RAG anunciou onte que non se disolverá e que iniciará accións para difundir a súa proposta.
Esta comisión, na que participan membros do ILG e dos departamentos de galego das tres universidades, sinala que a súa proposta "xerou unha enorme simpatÃa" e cre que "a decisión da RAG pode ter resultados negativos para o uso do noso idioma" e chama á RAG a "reconsiderar esta proposta".
O comunicado rebate algúns dos argumentos que se teñen esgrimido en contra da reforma ortográfica, como a idea do aportugesamento do idioma, sinalando que "todas as modificacións introducidas están en xustificados na tradición escrita antiga e moderna" e lembran que o principio de tomar o portugués "como fonte de arrequentamento do idioma galego xa estaba pressente na primeira edición das normas vixentes".
A Comisión tamén sinala que "o procedemento seguido para a presentación da nosa proposta foi impecable" e que "a absoluta discreción deste traballo non foi obstáculo para que a RAG fose informada do establecemento desta Comisión e do seu desenvolvemento". Ademais, explica que o feito de que a proposta fose sometida a aprobación global e non se lle permitise á Academia realizar modificacións sobre ela "estivo motivado porque representaba un punto de equilibrio logrado con moito esforzo" e introducir variacións poderÃa dificultar "que as partes implicadas se sentisen comprometidas co texto final".
Fianalmene, o cmounicao manifesta a vontade da Comisión de non se disolver ó considerarse unha fórmula válida "para dar acollida ás propostas que permitan saÃr desta situación de estancamento e reconduzan a cuestión polo camiño da concordia". A Comsión tamén se compromete a desenvolver un traballo de explicación e divulgación da proposta de reforma.
As opinións en prensa
A pesar de ir diminuÃndo o fluxo de noticias e de declaracións sobre a cuestión da norma, os xornais de hoxe aÃnda dedican abondosos espacios á cuestión. AsÃ, o semanario "A Nosa Terra", abre a edición desta semana cunha completa análise sobre a cuestión na que se recollen as opinóns de partidos polÃticos, sindicatos e agrupacións culturais. AsÃ, representantes do colectivo de ensinantes Nova Escola Galega, UGT, CCOO, CIG, a Mesa pola Normalización e a AS-PG explican a súa sorpresa e decepción pola decisión da Academia. Tamén recolle este xornal a opinión do socialista Antón Louro, que solicita á sociedade galega "que respeite as decisións" da Academia.
Mentres, "O Correo Galego" recolle un artigo de opinión no que o Marcos Valcárcel, no que manifesta a súa esperanza de que "o debte siga no mesmo ton de elegancia intelectual amosada ata agora" e chama a atención sobre a necesidade de discutir "sobre o problema real do noso idioma; a´sua normalización".
O tamén escritor Miguel Suárez Abel, desde o "Diario de Pontevedra" reflexiona sobre lingua coma liturxia e lamenta que "por esta decisión da RAG, o galego permanecerá nun conflicto irresoluble con repercusións de incalculable tamaño para a lingua".