O PaleolÃtico comezou hai un dous millóns e medio de anos e prolongouse ata hai só dez mil. Polo medio, como se pode agardar dun perÃodo tan longo, houbo un pouco de todo. Diferentes especies de homÃnidos, variacións climáticas e técnicas diferenciadas de elaboración de ferramentas sucedéronse sobre o planeta. No noso paÃs, no entanto, esta etapa prehistórica, ao igual que no resto de Europa, comezarÃa bastante máis tarde, hai uns oitocentos mil anos, coa primeira presenza de homÃnidos. "AbranguerÃa aos Neandertais, logo pasarÃa ao Cro-Magnon e despois xa ao Sapiens Sapiens que somos nós, no PaleolÃtico Superior", asegura Rosa Villar Quinteiro, unha das grandes especialistas galegas neste perÃodo.
Un momento paleolÃtico
Con todas estas variacións, pode ser complicado facer un retrato do noso paÃs durante esta época. "Por poñer un exemplo, hai trescentos mil anos, no lugar onde estamos a escavar agora (nas Neves) o Miño estarÃa corenta metros por riba do seu curso actual. Os rÃos eran en xeral máis amplos e a vexetación presentaba grandes espazos abertos na masa arbórea, habÃa máis herba, zonas lacustres..." explica Villar. En canto a fauna, os nosos antepasados compartÃan hábitat con variedades do elefante, rinocerontes, cabalos, hienas e os grandes cérvidos chamados megaceros. No medio deste panorama, grupos de Neandertais vagaban pola nosa paisaxe atrás da caza, establecéndose en campamentos temporais. "Polo que se sabe, eran grupos que percorrÃan áreas xeográficas grandes e mudaban de hábitat desde a costa, no verán, ao interior durante o inverno", sinala esta investigadora. "O val do Miño era unha vÃa de circulación principal, asà coma os vales secundarios e toda a franxa costeira ao Norte e ao Sur da desembocadura". Segundo asegura, serÃa perfectamente posible que un destes grupos viaxase desde Tui a Ourense no seu periplo anual. A corroborar esta afirmación, o mapa de depósitos desta era que achega a "Gran Enciclopedia Gallega" amosa como a área fluvial miñota concentra a inmensa maiorÃa dos restos coñecidos.
O que queda
Cando se investiga un xacemento desta época, o máis habitual é que aparezan restos das ferramentas pétreas que estes grupos fabricaban e levaban consigo. "Estaban feitas de seixos rodados, de cuarcitas ou de cuarzos, e onde habÃa sÃlex traballárono", explica. "Cando hai sorte, descóbrense tamén restos da fauna que consumÃan. Polo de agora en Galicia non tivemos esta sorte, pero contamos con que aparezan". Segundo esta especialista, a ausencia de achados deste tipo débese máis á escasa investigación que a que estes non existan. "Se facemos unha investigación en área como esta pódense descubrir, segundo a distribución dos restos, zonas de actividade. Poden aparecer tamén fogares ou restos de lumes", asegura esta investigadora. O feito de empregaren materiais vexetais para construÃr os seus campamentos dificultou que chegasen ata nós restos destas construcións e fan das ferramentas pétreas o legado máis difundido destes antepasados.
Diferentes ollares nas mesmas pedras
A pesar do que poderÃa parecer, a investigación desta época histórica, segundo aseguran os que se dedican a ela, non presenta especiais dificultades. Malia ao tempo transcorrido e a escaseza de restos que nos deixou, "os achegamentos que se fixeron co equipo multidisciplinar axeitado dan resultados e indican que non hai nada raro", sinala Villar. "o da dificultade foi un estereotipo que se formou sobre este perÃodo e que ten máis que ver coa falta de especialistas e de medios". Neste sentido, os investigadores salientan que é imprescindible abordar as análises a partir dun grupo no que participen diferentes especilistas Xeólogos para analizar polo miúdo as caracterÃsticas do terreo, Palinólogos que rastrexan os restos de polen que poidan ficar na zona e arqueólogos comparten espazo nas escavación.
Eivas paleolÃticas
De xeito curioso, o perÃodo no que se inicia a presenza humana en Galicia é dos menos estudados no noso paÃs. "A investigación do PaleolÃtico non fai parte dos estudos tradicionais", apunta Villar. "a análise prehistórica centrouse noutros perÃodos, fundamentalmente os megalÃtico ou o castrexo". É por isto que en canto a coñecemento sobre esta época no noso paÃs "falta moito aÃnda para chegar ao nivel de estado, non é que haxa lagoas, é que só se coñecen puntos concretos ", asegura. "Precisamos estudos xeolóxicos e xeomorfolóxicos que están por facer, coñécense moi ben algunhas áreas pero a maior parte do territorio está por investigar". De calquera xeito, esta arqueóloga asegura que o nivel dos nosos investigadores é bo. Foi aÃnda nos anos noventa cando se formaron os primeiros especialistas neste perÃodo. Na actualidade, "quizais unÃndose ao ambiente promovido polo depósito de Atapuerca", a disciplina está a vivir unha nova época prometedora, segundo asegura Villar.
Nova Idade de Pedra
Na actualidade, a investigación en Galicia arredor deste campo céntrase en dúas áreas. Por unha banda trabállase no Sur da Provincia de Pontevedra. O equipo da propia Rosa Villar, do Instituto de Estudos Miñoranos, está a escavar actualmente nas proximidades do Miño en Pontemaior (As Neves), e para o verán abordarán a investigación do depósito Chan do Cereixo nun ambicioso proxecto que conta co patrocinio da Fundación Barrié. Este último é un lugar que se descubriu nos anos setenta pero que quedou inexplorado desde entón. Pola outra banda está a zona de Monforte, onde un equipo coordinado por Xosé Pedro RodrÃguez, un investigador galego que traballa habitualmente en Atapuerca, está a escavar outro depósito ata o de agora inexplorado. Este equipo baralla a posibilidade de datar os primeiros poboamentos galegos nuns 800.000 anos atrás, coa presenza do Homo Antecessor, o coñecido como Home de Atapuerca do que evoluirÃa máis tarde o Neandertal. Polo momento, logo dunhas semanas de investigación, localizaron xa unha ampla selección de ferramentas de diferentes tipos, maioritariamente en zonas superficiais ás que chegaron polo efecto da erosión ou da acción humana sobre o terreo.
Bos augurios
Estas novas investigacións, que teñen previsto desenvolverse cando menos tres anos no caso de Monforte e cinco no de Chan do Cereixo, avivan a esperanza de conseguir éxitos destacados no coñecemento do PaleolÃtico Galego. "Penso que haberá novas. Hai unha reactivación de traballos con equipos como os que se precisan, pensamos que tanto en Portomaior, como en Chan do Cereixo e en Monforte poden achegar moita información nova". Polo momento, xa no depósitos da Neves descubriron ferramentas acheulenses no seu propio contexto estratigráfico. "Ata o de agora estivemos a ver industrias espalladas que perderan o contexto, e esta descuberta é moi importante". Tamén en Monforte anunciaban hai poucos dÃas a aparición de útiles dentro das propias capas de terreo nas que quedaron. Aos poucos, imos penetrando na terra e no noso pasado máis fondo.
Escavando nas Neves
Vista xeral do corte que está a investigar o Instituto de Estudos Miñoranos en Portomaior, As Neves. Realizouno, sen intencións arqueolóxicas, unha pa mecánica no transcurso da extracción de terras para as obras dunha estrada.
Fonte: Instituto de Estudos Miñoranos
Escavando nas Neves
Detalle do corte. Na parte inferior vense aliñadas en horizontal cantos rodados e pezas talladas do PaleolÃtico Inferior Acheulense. Hai outra liña superior con industria que aÃnda está por datar.
Fonte: Instituto de Estudos Miñoranos
Escavando nas Neves
Ao traballar a pa soltou do seu lugar algunhas pezas quedaron soltas ao pé do corte. Segundo asegura Villar, este é un exemplo perfecto de bifaz acheolense.
Fonte: Instituto de Estudos Miñoranos
Escavando nas Neves
Dúas pezas da liña inferior inseridas no seu contexto estratigráfico.
Fonte: Instituto de Estudos Miñoranos
Escavando nas Neves
Outra das pezas que apareceron inseridas no seu contexto.
Fonte: Instituto de Estudos Miñoranos