O Centro Galego de Artes da Imaxe tamén celebrará o día das letras galegas. E faino co que mellor saber facer, programar cine. Para o día 17o centro que cumpre tres lustros de traballo ten previsto celebrar sesións especiais de cine galego. O lapis do carpinteiro de Antón Reixa, Trece badaladas de Xavier Villaverde e O bosque animado de Manolo Gómez e Ángel de la Cruz son as tres longametraxes coas que se achegará ao cine feito e producido en Galicia. Ademais, este mesmo mes tamén se poderán ver outros traballos galegos como A mantaza caníbal dos garrulos lisérxicos de Antonio Blanco e Ricardo Llovo dentro dun ciclo sobre Cine fantástico español contemporáneo.
Máis información no web do CGAI