O Festival de Cine español de Toulouse dedicará unha xornada ó audiovisual galego

Cine galego en francés

19/8/2002 | Santiago.Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Galicia, España e Francia unidas polo audiovisual. A cita será entre o 10 e o 20 de agosto en Toulouse (Francia) dentro da sétima edición de "Cinespaña", o festival de cinema español. E neses dez días adicados a exhibir o cinema do estado, un (o 16) estará completamemte dedicado ó audiovisual galego. E isto concrétase na proxección de cinco curtametraxes e tres longametraxes (entre elas O Bosque animado). Ademais, a promoción do noso audiovisual completarase co stand que o CGAI ten previsto levar ata a cidade francesa.

Máis información en El Correo Gallego, e a web do Centro Galego de Artes da Imaxe

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, CGAI, Francia, El Correo Gallego...