Desde o pasado venres, a alameda de Santiago de Compostela acolle unha nova edición da Feira do Libro que percorrerá o noso paÃs durante os vindeiros meses. Polo momento, e segundo recolle "La Voz de Galicia" as traducións para o noso idioma están a ser o éxito desta edición. Obras coma "Brooklyn follies" de Paul Auster, "Cruceiro de verán" de Truman Capote ou "Seda" de Alessandro Baricco, nas súas versións galegas están ser das máis demandadas polo público.
Máis información en La Voz de Galicia, e en Compostela Cultura