A revista dirixida polo xornalista Óscar Losada xa ten na rúa o seu cuarto número no que fai un informe monográfico do grupo finés Värttinä. Asinado por Nuria RodrÃguez, este número do Cartafolk fai un percorrido pola historia de Várttinä, considerando “o máximo expoñente da música folk finesa” a esta formación e achegándose aos seus compoñentes actuais e antigos e as súas cancións. O director de Cartafolk anuncia tamén a saÃda inminente do seguinte número dedicado a Berrogüetto coincidindo co lanzamento do cuarto disco da banda galega. Sobre a viabilidade da publicación Losada asegura que Cartafolk “mantense economicamente ben por si soa sen dar perdas”.