A Federación Galega de Bandas de Música presenta a súa Banda Sinfónica

Banda federada

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, acollerá mañá a presentación da Banda Sinfónica de Galicia. Esta formación, impulsada desde a Federación Galega de Bandas de Música Populares, preséntase oficialmente logo dunha longa xestación de cinco anos. En total, son noventa e cinco músicos de todo o país os que participan neste evento, cunha idade media de vinte e dous anos. No programa inclúese a estrea da obra "Hipófisis (Fantasía)" do compositor Xabier Ces e unha versión musicada do poema "A Saleta" de Manuel María.

Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel María, Idade Media, El Correo Gallego, Auditorio de Galicia...