A Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG) manifestou onte a súa esperanza de que a Real Academia Galega (AS-PG) reconsidere o seu rexeitamento á proposta de reforma ortográfica da norma galega. A Asociación, promotora do debate para chegar a unha norma de consenso, criticou o "inmobilismo" da Academia e denunciou "interferencias polÃticas" no proceso. Persoeiros coma Carlos Casares, Méndez FerrÃn, Suso de Toro, Manuel Mera, Rafa Villar, DarÃo Villanueva, Luis González Tosar, AgustÃn Sixto Seco ou o portal Vieiros tamén manifestaron as súas posturas sobre a cuestión. Para os vindeiros dÃas agárdanse novas reaccións desde a AS-PG, a Mesa Pola Normalización e o ILG, que teñen programadas cadansúa xuntanza de análise.
A crÃtica pedagóxica
O ex presidente da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e coordinador do debate que deu na proposta de reforma normativa, Alberte Ansede, manifestou onte en rolda de prensa a contrariedade deste colectivo ante a decisión da Real Academia en contra da reforma normativa e manifestouse convencido de que a RAG "considerará a súa postura" sobre esta cuestión.
Ansede calificou de "sorprendente" que, despois de participar varios académicos coma Francisco Fernández Rei ou Antón Santamarina na elaboración da proposta de reforma normativa, "os demais académicos o desatourizasen", decisión que considerou "unha práctica de exclusión". O ex-presidente da AS-PG lembrou que a elaboración do texto da reforma uniu a persoas "con filosofÃas distintas sobre a lingua e ideoloxÃas polÃticas dispares" e que "todos concidiron en que era perxudicial para a lingua que non houbese un consenso sobre a normativa". Tamén lembrou que a iniciativa de reforma recibiu o apoio de numerosas persoas e particulares e sinalou que "a RAG complicou as cousas cando todo estaba piques de solucionarse por medio do consenso e do diálogo".
Desde a AS-PG lembrouse que "a RAG nunca actualizou a norma, sempre foi o ILG", e lembrou que reformas da onrma coma as de 1980, 1982 e 1995, máis fondas da que se propuña agora, "foron sancionadas pola Academia sen debate nin modificacións".
Na súa comparecencia ante os medios, Ansede negou que as reformas propostas sexan lusistas, "cando son unha actualización que supón que o galego sexa máis galego e que se aproxime ás raÃces dos propio idioma" e lamentou que "ningúen se preocupa de que o galego se estea convertindo nun dialecto do español".
A comisión técnica encargada de redactar a proposta reunirase hoxe para valorar a decisión da Academia, e a Asociación ten previsto facer unha campaña para informar a colectivos de profesores, escritores e entidades culturais do contenido da reforma rexeitada pola RAG.
Lamento e reflexión
Carlos Casares e Méndez FerrÃn, dous dos académicos que defenderon a reforma da normativa, realizaron onte declaracións sobre a cuestión.
AsÃ, o presidente do Consello da Cultura Galega, Carlos Casares manifestou onte na Coruña, logo de coñecer as declaracións feitas desde a AS-PG, que a cuestión da norma "quedou sancionada" na última xuntanza da Academia, polo que non está previsto que se debata en futuras xuntanzas. Segundo el, "a Academia non tiña lingüistas ata hai moi pouco tempo, encárgaballe a norma ós lingüistas do ILG e tiña a potestade de mudar o que quixese". Sen embargo "neste caso foi unha cousa que veu proposta desde fóra e que á Academia non lle daba opción de cambiar absolutamente nada", o "é moi difÃcil de tragar para unha institución".
O tamén académico Xosé Luis Méndez FerrÃn manifestouse onte tamén sinalando o seu apoio á proposta rexeitada pola Academia, e lembrou que adoptou esa postura a pesar de se ter manifestado en numerosas ocasións a favor da normativa existente.
O rector da Universidade de Santiago, DarÃo Villanueva, respondeu onte ás preguntas dos periodistas sobre a cuestión defendendo o traballo do Instituto da Lingua Galega, dependente da súa Universidade, "unha institución da que nos sentimos satisfeitos e orgullosos", e que "sempre contribuiu de xeito eficaz en materia lingüÃstica". Villanueva recoñeceu a súa decepción ante a decisión da RAG, sinalando que incrementar o consenso sobre a normativa "sempre é bo".
As crÃticas contra a Academia tamén están presentes en senllos artigos do escritor Suso de Toro e do secretario da Confederación Intersindical Galega (CIG) Manuel Mera.
No longo artigo que publica Suso de Toro na canle Galego.org de Vieiros, o escritor lamenta a decisión da Academia e ataca duramente esta institución calificándoa de "desastre" e cuestionando a autoridade dos académicos para "impor a súa vontade sobre a práctica totalidade do mundo da lingua". Para Suso de Toro o voto contra a reforma dos académicos "acaba de subir á propia institución á picota" e "abenzoou a ferida" da división ortográfica. O artigo remata chamando á academia a que "rectifique" e "retome urxentemente a aprobación desa relectura das mesmas Normas" ou que se non os académicos "deben dimitir". De Toro chama tamén ós partidos polÃticos presentes no Parlamento a que expoñan na cámara a situación da Academia e "a súa reconstitución de nova planta".
Pola súa banda, Manuel Mera califica de "suicidio" a actitude da Academia e "amosa qué lonxe da realidade está" o organismo. Para o secretario da CIG "perdeuse unha oportunidade histórica" cunha negativa que "bota máis leña ó lume" e "abandona a tradición galeguista e "ignora o consenso acadado entre as distintas correntes normativas".
O artigo de Mera, publicado no xornal "La Opinión" da Coruña, lamenta o afastamento do galego da área luso-brasileira, que o conduciu a ser "un portaavións do castelán", e lembra a coincidencias do noso idioma co mundo da lusofonÃa "que emprega a mesma lingua pero cunha diferencia fonética evidente".
Tamén o poeta Rafa Villar sinala nun artigo na páxina da CIG a existencia de presións polÃticas sobre a Academia e sinala que a posición na que queda esta institución é "absurda", xa que "mentres a autoridade de facto vai por un lado" (o ILG,e as tres univesridades, "a RAG vai por outro".
Finalmente, a última hora desta mañá, o portal Vieiros facÃa público un editorial no que critica a posición da Academia e se chama á responsabilidade dos seus membros para "dar un paso adiante a prol da concordia".
Declaracións a favor
No medio da tormenta de declaracións que cuestionan a autoridade dunha das institucións máis arraigadas na cultura galega, tamén aparecen opinións que defenden o papel desta institución e a súa decisión sobre a reforma normativa.
AsÃ, o presidente do PEN Clube de Galicia, Luis González Tosar, manifestou onte no Diario Cultural da Radio Galega a súa satisfacción polo rexeitamento da proposta da reforma, salientando que, ó seu ver, as modificacións propostas non respondÃan á realidade social do paÃs.
Tamén AgustÃn Sixto Seco, intelectual e histórico galeguista, manifesta o seu acordo coa decisión da Academia, sinalnado que "alomenos nesto do idioma non hai que ter medo da nube do trasacordo". Sixto Seco rexeita a posibilidade de que houbese presións polÃticas sobre a institución e destaca a "honestidade persoal e institucional dos académicos". Segundo Sixto Seco, "fose cal fora a decisión da Academia, non lle agrafarÃa ó activo sector reintegracionista" e lembrou as palabras do académico Manolo González sobre a cuestión: "impúxose a autoridade da Academia".